alt=|miniatura|"Doppelgänger 1", pintura de Sebastian Bieniek, 2019. Doppelgänger é o vocábulo alemán para definir o dobre fantasmagórico ou sosias malvado dunha persoa. A verba provén de doppel, que que dicir «dobre» e gänger: «andante». A súa forma máis antiga, acuñada polo novelista Jean Paul en 1796, é Doppeltgänger, 'o que camiña á beira'. O termo utilízase para designar a calquera dobre dunha persoa, comunmente en referencia ó «xemelgo malvado» ou ao fenómeno da bilocación.

Os Doppelgänger aparecen en varias obras literarias de ciencia ficción e literatura fantástica, nas cales son un tipo de metamorfo que imita a unha persoa ou especie en particular.

Descrición Na mitoloxía e o folclore Nas lendas nórdicas e xermánicas, ver o propio Doppelgänger é un agoiro de morte. Un Doppelgänger visto por amigos ou parentes dunha persoa pode ás veces traer mala sorte, ser un mal agoiro ou un sinal dunha doenza ou un problema de saúde inminentes. Segundo escribiu o dramaturgo sueco Strindberg: «O que ve ao seu dobre é que vai morrer».

Mario Praz conecta coa figura do dobre outras populares no folclore, como o lobishome ou a rapariga fermosa que oculta no seu interior unha serpe ou demo (lamia). Claude Lecouteux explora estas e outras conexións (fadas, bruxas, lobishomes) no seu libro sobre a figura do dobre na Idade Media.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Mitoloxía Categoría:Lingua alemá