Os fillos da vide é unha longametraxe documental, a primeira de Ana Domínguez Díaz, na que se narran os ciclos da vide e as estacións, os viñedos, a vendima e o viño para mostrar a relación que a xente tiña coa terra desde o persoal ao ancestral.

Traxectoria A rodaxe comezou no ano 2009, sendo un traballo de anos, preestreouse na Rúa no ano 2016 e estreouse en 2017 no Festival Internacional de Sevilla e no festival do Uruguai. Proxectouse en Cineuropa e no Play-Doc no ano 2018.

Premios Foi galardoada como Mellor Película Galega en 2018 na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego.

Notas

Categoría:Documentais galegos Categoría:Etnografía Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes rodados en Galicia