Francisco Alomar Florit, nado en Sineu (Mallorca) o 23 de decembro de 1928 e finado en Gustei (Coles) o 9 de agosto de 1955, foi un ciclista profesional español, alcumado o camiñante solitario.

Traxectoria dereita|miniatura|Placa no lugar do seu falecemento. dereita|miniatura|Monólito e placa no lugar do seu falecemento. Comezou a andar en bici de forma habitual mentres facía o servizo militar, para desprazarse ao cuartel. Logo de varias vitorias en carreiras nas Illas Baleares, en 1952 fíxose profesional.

Faleceu na estrada N-525 (actual OU-150) cando regresaba de participar na Volta ciclista a Galicia. O seu equipo, o Peñas Solera Cacaolat, decidiu abandonar a proba logo de que Federico Martín Bahamontes acusase a organización de favorecer os ciclistas Emilio e Manuel Rodríguez Barros.

Era irmán máis vello do tamén ciclista profesional Jaume Alomar. Desde 1955 na súa vila natal celébrase durante as festas de verán o Memorial Alomar. Ademais instalouse unha escultura súa na praza do Fossar.

Palmarés 1952 Trofeo Masferrer

1953 3ºno Campionato de España en ruta 15px 1 etapa da Volta a Cataluña1954 (equipo Cóndor) Trofeo Borras Volta ciclista a Aragón Volta ciclista a Mallorca e vencedor dunha etapa 1º na Barcelona-Vilada 3º no Campionato de España en ruta 15px Vencedor dunha etapa na Volta ciclista a Asturias 31º no Tour de Francia

1955 (equipo Peñas Solera Cacaolat) Campionato de España de montaña 16px Vencedor dunha etapa na Volta ciclista a Levante Abandono na 11ª etapa do Tour de Francia

44º na Volta ciclista a España Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha de Francisco Alomar (sitiodeciclismo.net)

Categoría:Ciclistas de España Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en accidente de tráfico