Dado que os informes sobre o Virus da inmunodeficiencia humana (VIH) comezaron a xurdir nos Estados Unidos na década de 1980, a epidemia de VIH foi frecuentemente relacionada con homes gais, bisexuais e outros que teñen relacións sexuais con homes (HSH) por epidemiólogos e profesionais da medicina. O primeiro informe oficial sobre o virus foi publicado polos Centros para o Control e Prevención de Enfermidades (CDC) o 5 de xuño de 1981 e detallou os casos de cinco mozos homosexuais que foron hospitalizados con infeccións graves.CDC (1981, 5th June) 'Pheumocystis Pneumonia - Los Angeles', MMWR, Vol. 30. No. 21. https://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/june_5.htm Un mes despois, o New York Times informou de que 41 homosexuais foron diagnosticados con sarcoma de Kaposi, e oito morreron menos de 24 meses despois de que se fixese o diagnóstico.The New York Times (1981, 3rd July) "Rare cancer seen in 41 homosexuals" https://www.nytimes.com/1981/07/03/us/rare-cancer-seen-in-41-homosexuals.html?&pagewanted=2 En 1982, a condición foi referida na comunidade médica como Gay-related immune deficiency (en galego, "Inmunodeficiencia relacionada coa xente Gai") (GRID), "cancro gay" e "síndrome de compromiso gai".Oswald, G.A, et al (1982) 'Attempted immune stimulation in the "gay compromise syndrome"'. BMJ, 16 de outubro de 1982; 285(6348): 1082. Non foi ata xullo de 1982 que o termo "síndrome de inmunodeficiencia adquirida" (SIDA) foi proposto para substituír a GRID,Grmek, M.D. (1990) 'History of AIDS: Emergence and origin of a modern pandemic', New Jersey: Princeton University Press. e dende entón non foi ata setembro que o CDC utilizou por primeira vez o acrónimo de SIDA nun informe oficial.MMWR Weekly (1982) 'Current Trends Update on Acquired Immune Deficiency Syndrome (AIDS) – United States', 24 de setembro, 31(37); 507-508, 513-514.
Agora é ben coñecido que o VIH non só afecta á comunidade gai, senón que tamén pode infectar a calquera persoa, independentemente do sexo, a etnia ou a orientación sexual. Non obstante, o VIH segue afectando severamente ós HSH en todo o mundo. Os HSH son só unha pequena porcentaxe da poboación dos Estados Unidos, pero son constantemente o grupo de poboación máis afectado polo virus do VIH/SIDA e son a maior proporción de cidadáns estadounidenses con diagnóstico de SIDA que morreron.Center for Disease Control. “HIV among gay, bisexual, and other men who have sex with men (MSM)” (2010). Department of Health and Human Services. As Nacións Unidas estiman que entre o 2 e o 20% dos HSH están infectados polo VIH, dependendo da rexión na que viven.Men who have sex with men, HIV prevention and care” Geneva, Novembro 2005. UNAIDS. http://data.unaids.org/pub/Report/2006/jc1233-msm-meetingreport_en.pdf
Homes que teñen relacións sexuais con homes como unha categoría de comportamento
+ País Estimación da taxa de VIH en homes que teñen relacións sexuais con homes 44.4 41.9 37.2 32.9 32.8 31.6 29.6 27.5 26.8 26.7 26.1 25.8 25.4 25.4 23.0 19.8 19.6 18.3 18.2 18.2 18.2 17.7 17.6 17.6 17.5 17.3 17.3 17.2 17.0 15.4 15.2 15.0 15.0 14.9 14.9 14.5 14.4 14.0 13.85 13.7 13.7 13.3 13.2 13.2 13.1 13.06 13.0 12.7 12.7 12.6 12.5 12.3 11.7 11.4 11.3 11.2 11.2 11.0 10.5 10.3 9.7 9.15 9.1 8.9 8.6 8.5 8.3 8.2 8.0 7.8 7.8 7.75 7.5 7.2 7.2 7.1 7.1 6.7 6.5 6.4 6.3 6.2 6.0 5.9 5.9 5.7 5.7 5.7 4.9 4.9 4.8 4.8 4.8 4.3 4.3 4.1 4.0 4.0 3.7 3.6 3.3 3.3 3.2 3.1 3.0 2.7 2.7 2.5 2.5 2.4 2.3 2.2 1.9 1.8 1.6 1.5 1.4 1.3 1.3 1.1 0.8 0.5 0.5 0.5 0.4 0.2 Os homes que teñen relacións sexuais con homes (abreviado como HSH) son homes que realizan actividades sexuais con membros do mesmo sexo, independentemente de como se identifican persoalmente. Moitos HSH elixen non (ou non poden por outras razóns) identificarse como homosexuais ou bisexuais. Do mesmo xeito, a etiqueta exclúe a homes que se identifican como gais ou bisexuais, pero que nunca tiveron relacións sexuais con outro home, incluídos moitos adolescentes gais.
Os termos HSH e mulleres que teñen relacións sexuais con mulleres, foron empregados en estudos médicos dende polo menos 1990.Young, Rebecca M. and Ilan H. Meyer. “The Trouble With “MSM” and "WSW”: Erasure of the Sexual-Minority Person in Public Health Discourse.” Am J Public Health. (2005) 95: 1144–1149. Pero, o termo pódese atribuír a Glick et al., porque o seu uso nun estudo de 1994 solidificou o concepto en terminoloxía médica. O HSH é frecuentemente usado na literatura médica e na investigación social para describir a estes homes como un grupo para estudos de investigación sen ter en conta cuestións de autoidentificación, porque ofrece mellores categorías de comportamento para o estudo do risco de enfermidades que as categorías baseadas na identidade (como "gai", "bisexual" ou "heterosexual"), porque un home que se autoidentifica como gai ou bisexual non é necesariamente sexualmente activo cos homes, e alguén que se identifica como heterosexual pode ser sexualmente activo cos homes.Young, Rebecca M. and Ilan H. Meyer. “The Trouble With “MSM” and “WSW”: Erasure of the Sexual-Minority Person in Public Health Discourse.” Am J Public Health. (2005) 95: 1144–1149.
Demografía Determinar o número de homes que xa tivo relacións sexuais con outro home é difícil en todo o mundo. A Organización Mundial da Saúde estima que polo menos o 3% e ata o 16% dos homes tiveron relacións sexuais polo menos unha vez cun home. A súa estimación inclúe ás vítimas de abuso sexual ademais de homes que teñen sexo regularmente ou voluntariamente con homes. As Nacións Unidas estiman que un 6-20% dos homes do mundo ten relacións sexuais con outros homes nalgún momento da súa vida.“Men who have sex with men, HIV prevention and care” Geneva, Novembro 2005. UNAIDS. http://data.unaids.org/pub/Report/2006/jc1233-msm-meetingreport_en.pdf
As estimacións sobre a poboación estadounidense de HSH varían. Os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades estima que os homes que teñen relacións sexuais con homes representan aproximadamente o 2% da poboación americana. Un estudo de 2005 calcula que entre os homes estadounidenses de 15 a 44 anos, estímase que un 6% tivo sexo oral ou anal con outro home nalgún momento das súas vidas, e preto de 2,9% tiveron polo menos un compañeiro masculino nos últimos 12 meses. Un estudo de 2007 calculou que son 7,1 millóns de homes os que teñen relacións sexuais con homes (HSH) nos Estados Unidos, ou o 6,4% da poboación total. Destes homes, o 71% son brancos, o 15,9% son hispanos e o 8,9% son negros. A porcentaxe de homes que foron HSM varía segundo o estado, coa porcentaxe máis baixa en Dakota do Sur (3,3%) e a máis alta no Distrito de Columbia (13,2%). Non obstante, o mesmo estudo atopou que o 57% dos homes que teñen relacións sexuais con homes identifícanse como bisexuais ou heterosexuais.Lieb, S., Fallon, S., Friedman, S., Thompson, D., Gates, G., Liberti, T., & Malow, R. (2011). Statewide estimation of racial/ethnic populations of men who have sex with men in the U.S. PubMed, 126(1), 60-72. Un estudo realizado en 2010 estimou que o 2,6% participou en relacións co mesmo sexo no último ano, o 4,0% nos últimos cinco anos e o 7,0% en calquera momento da súa vida.Purcell, D.W., C Johnson, A Lansky, J Prejean, R Stein, P Denning, Z Gaul, H Weinstock, J Su, & N Crepaz. “Calculating HIV and Syphilis Rates for Risk Groups: Estimating the National Population Size of Men Who Have Sex with Men” Latebreaker #22896 Presentado o 10 de marzo de 2010. 2010 National STD Prevention Conference; Atlanta, GA.
Taxas de infección polo VIH
O virus do VIH afecta ó sistema inmunitario humano e, se non se trata pode eventualmente conducir á síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA).
O CDC informou de que en 2009 o sexo de homes con homes (HSH) representaba o 61% de todas as novas infeccións polo VIH nos Estados Unidos e que aqueles que tiveron antecedentes de inxección de drogas recreativas supuxeron un 3% adicional de novas infeccións. Entre as aproximadamente 784.701 persoas que viven cun diagnóstico de VIH, 396.810 (51%) eran HSH. Cerca do 48% dos HSH que viven cun diagnóstico de VIH eran brancos, o 30% eran negros e o 19% eran hispanos ou latinos. Aínda que a maioría dos HSH son brancos, os non-branco representaron o 54% das novas infeccións relacionadas con HSH co VIH en 2008.
En 2010, o CDC informou de que o HSH representaba aproximadamente o 4 por cento da poboación masculina nos Estados Unidos, pero o sexo entre homes representaba o 78 por cento das novas infeccións polo VIH entre os homes e o 63 por cento de todas as novas infeccións. Os homes representaron o 76% de todos os adultos e adolescentes que vivían con infección por VIH a finais de 2010 nos Estados Unidos e do 80% (38.000) das 47.500 estimadas de novas infeccións polo VIH. O 69% dos homes que vivían con VIH eran gais, bisexuais e outros homes que teñen relacións sexuais con homes. O 39% (14.700) de novas infeccións polo VIH en homes dos Estados Unidos se produciron en negros, o 35% (13.200) en brancos, e o 22% (8.500) en hispanos/latinos. A taxa de estimación de novas infeccións por VIH entre homes negros (por cada 100.000) foi de 103,6, seis veces e media a dos homes brancos (15,8) e máis do dobre da taxa entre homes hispanos/latinos (45,5) a partir de 2010.
O CDC (2015) informou de que os homes gais e bisexuais representaban o 82% (26.375 de 1.242.000 adultos e adolescentes) de diagnósticos de VIH entre homes e 67% de todos os diagnósticos nos Estados Unidos, mentres que o seis por cento (2.392) dos diagnósticos de VIH eran atribuídos ó uso de drogas por inxección e outro 3% (1.202) ó contacto sexual entre homes e máis o uso de drogas por inxección. O contacto heterosexual representou o 24% (9.339) de tódolos diagnósticos de VIH.
Entre todos os homes gais e bisexuais con infección por VIH clasificados como SIDA nos Estados Unidos en 2015, os afroamericanos representaron o maior número (3.928; 39%), seguidos dos brancos (3.096; 31%) e hispanos/latinos (2.430; 24%). A finais de 2014, 508.676 homes gais e bisexuais vivían con infección por VIH diagnosticada (o 53% de todos os que vivían con VIH diagnosticado nos Estados Unidos). Dos homes bisexuais e bisexuais que viven con VIH diagnosticado, 157.758 (31%) eran afroamericanos, 212.558 (42%) eran brancos e 109.857 (22%) eran hispanos/latinos. De 2005 a 2014 os diagnósticos entre homes gais e bisexuais afroamericanos aumentaron un 22%, pero aumentou menos do 1% entre 2010 e 2014. Os diagnósticos de VIH entre homes gais e bisexuais afroamericanos de 13 a 24 anos aumentaron un 87% entre 2005 e 2014, pero con diagnósticos en descenso do 2% entre 2010 e 2014.
Un estudo realizado en 2010 estimou que por cada 100.000 HSH, 692 serán diagnosticados con VIH. Isto fai que os HSH sexan 60 veces máis propensos a contraer o virus que outros homes e 54 veces máis probable que as mulleres.Purcell, D.W., C Johnson, A Lansky, J Prejean, R Stein, P Denning, Z Gaul, H Weinstock, J Su, & N Crepaz. Latebreaker #22896 Presented March 10, 2010. “Calculating HIV and Syphilis Rates for Risk Groups: Estimating the National Population Size of Men Who Have Sex with Men” 2010 National STD Prevention Conference; Atlanta, GA.