Fernando Acuña Rúa, nado en Meira (Moaña) o 1 de maio de 1954, é un sindicalista e político galego.La Voz de Galicia, 1-5-1994, p. 89-90.
Traxectoria Traballador de banca. Membro do segretariado da INTG e militante da UPG. Foi expulsado da UPG en 1981 con Francisco García Montes, Bernardo Fernández Requeixo, Xosé María Brañas Pérez e Manuela Fraguela Seoane.Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo GallegoLa Voz de Galicia, 10-5-1981, p. 39. Foi elixido secretario xeral da CXTG no seu primeiro congreso celebrado en outubro de 1985. Logo da unión da INTG e CXTG en abril de 1994 para constituír a CIG, foi o seu primeiro secretario xeral. Permaneceu no cargo até 2001, sendo substituído por Suso Seixo. Xubilouse en 2019.
Notas
Categoría:Sindicalistas da INTG Categoría:Sindicalistas da CXTG Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1954 Categoría:Secretarios xerais da CIG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes