miniatura|dereita|Zocos galegos de nova creación. Quizais estea buscando Zoco (mercado árabe). Un zoco é un calzado rústico, semellante a unha zoca, coa sola de pau e a empeña de coiro, que se amalloa e cobre o nocello. Tamén recibe os nomes de chanca, chanco, galocha, galocho ou tamanca.

Características O zoco evolucionou a partir de padróns de madeira máis sinxelos, con correolas o a partir das simples zocas feitas totalmente en madeira, que polo xeral se usaban por baixo dos zapatos de coiro ou tela para elevar o pé por riba da lameira e o esterco dos camiños. Os máis humildes que non podían se permitir mercar zapatos levaban a madeira directamente contra a pel, deste xeito se desenvolveu o zoco, feito en parte de pau e en parte de coiro. Alternativamente, xa se tiña descrito a zoca na época romana, posibelmente antes, polos pobos celtas.

Durante a Revolución Industrial inglesa usábanse acotío cando os traballadores industriais precisaban calzado forte e barato. Homes e mulleres levaban zocos atados e abrochados respectivamente, os fechos eran de latón gravado ou máis comunmente de aceiro. As zocas usáronse nas cidades industriais mais tamén nos peiraos do peixe de Londres, as feiras de froita, ou as minas de Kent.

Asócianse moito na mente popular co baile pois con eles bailábase nos muíños de todo o occidente europeo, e de feito son a orixe dos zapatos de claqué. Hoxe en día aínda se usan na industria e son particularmente vantaxosos nas industrias metalúrxicas onde poden se producir labras quentes ou derrames de metal fundido.

O oficio de zoqueiro segue vivo en Galicia con algunha empresa que elabora zocos de vangarda e tradición.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Abarca Zoca Bibliografía

Categoría:Calzado Categoría:Europa atlántica