Althea Gibson, nada en Silver (Carolina do Norte) o 25 de agosto de 1927 e finada en East Orange (Nova Jersey) o 28 de setembro de 2003, foi unha tenista e golfista estadounidense, e a primeira deportista de raza negra en cruzar a liña da cor no tenis internacional. En 1956 converteuse na primeira afroamericana que gañou un torneo de Grand Slam (o Torneo de Roland Garros). O ano seguinte gañou tanto Wimbledon como o US Nationals (precursor do aberto dos Estados Uniods), o que repetiu en 1958, e foi votada como a Deportista Feminina do Ano pola Associated Press os dous anos. En total, gañou once torneos de Grand Slam, incluíndo cinco títulos individuais, cinco de dobres e un de dobres mixtos. Gibson foi incluída no International Tennis Hall of Fame e no International Women's Sports Hall of Fame. "Ela é unha das grandes xogadoras que xamais existiu", dixo Bob Ryland, contemporáneo dela e antigo adestrador de Venus e Serena Williams. "Martina [Navrátilová] non podería tocala. Penso que batería as irmás Williams".Orixinal en inglés: "She is one of the greatest players who ever lived. Martina couldn't touch her. I think she'd beat the Williams sisters". A principios da década de 1960 tamén se converteu na primeira xogadora negra que participou no Women's Professional Golf Tour.
Nun momento en que o racismo e os prexuízos estaban estendidos no deporte e na sociedade, Gibson foi comparada con Jackie Robinson. "O seu camiño ao éxito foi un desafío, dixo Billie Jean King, "mais nunca a vin dar marcha atrás"Orixinal en inglés: "Her road to success was a challenging one, but I never saw her back down" "Para calquera era unha inspiración, polo que podía facer nese momento en que era enormemente difícil xogar ao tenis se eras negro",Orixinal en inglés: "To anyone, she was an inspiration, because of what she was able to do at a time when it was enormously difficult to play tennis at all if you were Black" dixo o exalcalde de Nova York David Dinkins. "Estou orgullosa de seguir as súas grandes pegadas", escribiu Venus Williams. "Os seus logros estableceron o escenario para o meu éxito, e a través de xogadoras como eu mesma e Serana e outras moitas por chegar, o seu legado seguirá vivo".Orixinal en inglés: "I am honored to have followed in such great footsteps. Her accomplishments set the stage for my success, and through players like myself and Serena and many others to come, her legacy will live on"Lewis, Jone Johnson. Women's History. About.com archive . Consultado o 19 de febreiro de 2013.
Finais de Grand Slam Individuais: 7 (5 titles, 2 segundos postos) ResultadoAnoTorneoSuperficieRivalPuntuaciónReferenciasVitoria 1956 Campionato de Francia Terra Angela Mortimer Barrett 6–0, 12–10 Derrota 1956 Campionato dos Estados Unidos Herba Shirley Fry 3–6, 4–6 Derrota 1957 Campionato de Australia Herba Shirley Fry Irvin 3–6, 4–6 Vitoria 1957 Wimbledon Herba Darlene Hard 6–3, 6–2 Vitoria 1957 Campionato dos Estados Unidos Herba Louise Brough Clapp 6–3, 6–2 Vitoria 1958 Wimbledon (2) Herba Angela Mortimer Barrett 8–6, 6–2 Vitoria 1958 Campionato dos Estados Unidos (2) Herba Darlene Hard 3–6, 6–1, 6–2
Clave: (#) denota o número de títulos individuais no torneo ata ese momento.
Dobres: 7 (5 títulos, 2 segundos postos) ResultadoAnoTorneoSuperficieParellaRivaisPuntuaciónReferenciasVitoria 1956 Campionato de Francia Terra Angela Buxton Darlene Hard Dorothy Head Knode 6–8, 8–6, 6–1 Vitoria 1956 Wimbledon Herba Angela Buxton Fay Muller Daphne Seeney 6–1, 8–6 Vitoria 1957 Campionato de Australia Herba Shirley Fry Mary Bevis Hawton Fay Muller 6–2, 6–1 Vitoria 1957 Wimbledon (2) Herba Darlene Hard Mary Bevis Hawton Thelma Coyne Long 6–1, 6–2 Derrota 1957 Campionato dos Estados Unidos Herba Darlene Hard Louise Brough Clapp Margaret Osborne duPont 2–6, 5–7 Vitoria 1958 Wimbledon (3) Herba Maria Bueno Margaret Osborne duPont Margaret Varner Bloss 6–3, 7–5 Derrota 1958 Campionato dos Estados Unidos Herba Maria Bueno Darlene Hard Jeanne Arth 6–2, 3–6, 4–6
Clave: (#) denota o número de títulos de dobres no torneo ata ese momento.
Dobres mixtos: 4 (1 título, 3 segundos postos) ResultadoAnoTorneoSuperficieParellaRivaisPuntuaciónReferenciasDerrota 1956 Wimbledon Herba Gardnar Mulloy Shirley Fry Vic Seixas 6–2, 2–6, 5–7 Derrota 1957 Wimbledon Herba Neale Fraser Darlene Hard Mervyn Rose 4–6, 5–7 Vitoria 1957 Campionato dos Estados Unidos Herba Kurt Nielsen Darlene Hard Robert Howe 6–3, 9–7 Derrota 1958 Wimbledon Herba Kurt Nielsen Lorraine Coghlan Green Robert Howe 3–6, 11–13
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Lansbury, Jennifer. A spectacular leap: black women athletes in twentieth-century America. University of Arkansas Press, 2014, Fayetteville.
Categoría:Nados en Carolina do Sur Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Tenistas femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Golfistas dos Estados Unidos de América