, tamén titulado Mirai, a miña irmá pequena na versión subtitulada ao galego, é un filme xaponés de 2018 de animación e fantasía escrito e dirixido por Mamoru Hosoda e producido por Studio Chizu. Estreouse o 16 de maio de 2018 no Directors' Fortnight e estreouse no Xapón o 20 de xullo de 2018. Conta coas voces orixinais de Moka Kamishiraishi, Haru Kuroki, Gen Hoshino, Kumiko Aso, Mitsuo Yoshihara, Yoshiko Miyazaki, Koji Yakusho e Masaharu Fukuyama.

Estreouse subtitulado en galego o 15 de marzo de 2019 en NUMAX (Santiago de Compostela). Foi subtitulado ao galego coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Estreouse dobrado en galego na plataforma do Xabarín o 2 de febreiro de 2024.

Sinopse Kun, de catro anos, deixa de ser o centro de atención dos pais cando nace a súa irmá Mirai. Frustrado e medio molesto, empeza a experimentar situacións na casa que nunca antes vivira. De súpeto, as cousas mudan como por cousa de maxia cando a versión adolescente da súa irmá viaxa no tempo desde o futuro para vivir xunto a Kun unha aventura extraordinaria alén do imaxinable.

Personaxes

Voz de Moka Kamishiraishi

Voz de Haru Kuroki; Kaede Hondo (bebé)

Voz de Gen Hoshino

Voz de Kumiko Aso

Voz de Mitsuo Yoshihara

Voz de Yoshiko Miyazaki

Voz de Koji Yakusho

Voz de Masaharu Fukuyama

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Mamoru Hosoda Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego Categoría:Xabarín Club