Catharanthus roseus é unha especie de Catharanthus nativa e endémica de Madagascar. Entre os seus sinónimos inclúense Vinca rosea (o basónimo), Ammocallis rosea, e Lochnera rosea.Flora of Madagascar: Catharanthus roseusGermplasm Resources Information Network: Catharanthus roseus
Descrición É un arbusto ou planta herbácea sempre verde, que alcanza unha altura de 1 m. As follas son de ovais a oblongas, de 2,5 a 9 cm de lonxitude e de 1 a 3.5 cm de anchura, de cor verde brillante, sen pelos, cun nervio central pálido e un curto peciolo de 1 a 1,8 cm de lonxitude; disponse en pares opostos. As flores constan dunha corola de até 5 centímetros de diámetro formada por cinco pétalos, unidos na súa base a un tubo que pode ser tan longo como o diámetro corolino. O cáliz está formado por cinco sépalos lineares, curtos, de menos de 1 cm de lonxitude. Nas plantas silvestres a corola é de cor rosada claro, máis raramente brancas, coa base dos pétalos máis escura. As variedades ornamentais poden mostrar tons máis intensos de rosa ou combinacións de tons.
O froito está formado por dous folículos de 2 a 4 cm de longo e 5 mm de ancho, dehiscentes por unha sutura lonxitudinal na súa cara interior. As sementes teñen un papo que lles axuda na súa dispersión anemócora.Flora of China: Catharanthus roseusCollege of Micronesia: Catharanthus roseusHuxley, A., ed. (1992). New RHS Dictionary of Gardening. Macmillan ISBN 0-333-47494-5.Jepson Flora: Catharanthus roseus
Notas
Categoría:Plantas alucinóxenas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas invasoras Categoría:Flora de Madagascar Categoría:Plantas descritas en 1759