Tarzán de goma (en ) é un libro infantil de 1975 escrito por Ole Lund Kirkegaard. Conta a historia de Iván, un neno que é obxecto de tódalas burlas no seu colexio. Un día recibe a oportunidade de cumprir todos os seus desexos un día enteiro, dándolle "o día máis estraño da súa vida". A novela foi adaptada a un filme homónimo estreado no ano 1981.

Foi traducida ó galego por Laura Sáez Fernández e publicada por Edicións Xerais en 2007, con ilustracións de Andrés Meixide. Foi traducida de novo por Moisés Barcia Rodríguez e publicada por Sushi Books, selo editorial de Rinoceronte Editora, no ano 2014.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1975 Categoría:Obras literarias en dinamarqués Categoría:Obras traducidas do dinamarqués ao galego Categoría:Rinoceronte Editora