O calcifediol, tamén chamado calcidiol, 25-hidroxicolecalciferol ou 25-hidroxivitamina D (abreviada como 25(OH)D),"Nomenclature of Vitamin D. Recommendations 1981. IUPAC-IUB Joint Commission on Biochemical Nomenclature (JCBN) " reproduced at the Queen Mary, University of London website. Retrieved 21 March 2010. é unha prehormona que se produce no fígado por hidroxilación da vitamina D3 (colecalciferol) polo enzima colecalciferol 25-hidroxilase. En medicina, mídese o nivel deste metabolito para determinar o status de vitamina D dun paciente. Cun consumo medio típico de vitamina D3, a súa conversión completa a calcifediol tarda aproximadamente 7 días.

O calcifediol é transformado despois nos riles polo enzima 25(OH)D-1α-hidroxilase en calcitriol (1,25-(OH)2D3), unha hormona secosteroide que é a forma activa da vitamina D. Pode tamén converterse en 24-hidroxicalcidiol nos riles por medio dunha 24-hidroxilación. Consultado o 10 de decembro de 2008.

Análises de sangue

En medicina, unha análise de sangue para medir os niveis de 25-hidroxivitamina D (calcifediol) serve para determinar canta vitamina D hai no corpo."25-hydroxy vitamin D test: Medline Plus". Retrieved 21 March 2010. A concentración sanguínea de calcifediol considérase o mellor indicador do status de vitamina D dun paciente.

Esta análise pode utilizarse para diagnosticar a dificiencia de vitamina D e é indicado en pacientes con alto risco de deficiencia de vitamina D e para ter datos sobre cando empezar con terapias agresivas., que cita:

, o cal cita Os pacientes con osteoporose, enfermidade renal crónica, mala absorción, obesidade e algunhas infeccións poden estar en alto risco e neles é indicado facer a análise. Aínda que a deficiencia de vitamina D é común nalgunhas poboacións incluíndo os que viven en latitudes máis altas ou con limitada exposición ao sol, o test do 25(OH)D non está indicado para todas as poboacións. Os médicos poden aconsellar aos pacientes con risco baixo tomar vitamina D sen receita en lugar de facer unha análise.

É a medida máis sensible,Institute of Medicine (1997), p. 259 aínda que os expertos pediron que se mellore a estandarización e a reproducibilidade entre os diferentes laboratorios. Segundo MedlinePlus, o valor normal de calcifediol é de 30.0 a 74,0 ng/mL. Os valores normais varían amplamente segundo varios factores, como a idade e situación xeográfica. Suxeriuse un valor amplo de referencia de 20–150 nmol/L (8-60 ng/mL), Consultado o 10 de decembro de 2008. mentres que outros estudos definen niveis por debaixo de 80 nmol/L (32 ng/mL) como indicativos de deficiencia de vitamina D.

Nalgúns países, como EUA, os laboratorios adoitan medir os niveis de 25(OH)D en ng/mL, e noutros países en nmol/L. Abonda con multiplicar os ng/mL por 2,5 para convertelos en nmol/L.

Importancia clínica O aumento dos niveis de calcifediol está asociado cun incremento da absorción fraccional do calcio no intestino ata niveis de 80 nmol/L (32 ng/mL). A excreción urinaria de calcio equilibra a absorción de calcio intestinal e non se incrementa cos niveis de calcifediol ata ~400 nmol/L (160 ng/mL).

Un estudo feito por Cedric F. Garland e Frank C. Garland na Universidade de California, San Diego analizou o sangue de 25 000 voluntarios e atopou que os que tiñan os niveis máis altos de calcifediol tiñan un risco de padecer cancro de colon que era só de 1/5 da taxa normal.Maugh II, Thomas H. "Frank C. Garland dies at 60; epidemiologist helped show importance of vitamin D: Garland and his brother Cedric were the first to demonstrate that vitamin D deficiencies play a role in cancer and other diseases.", Los Angeles Times, August 31, 2010. Accessed September 4, 2010. Porén, os controis aleatorios non conseguiron encontrar unha correlación significativa entre as doses baixas (400iu/día) de suplementación de vitamina D e o risco de ter cancro de colon.

Un estudo de poboación feito en Copenhague, Dinamarca, atopou unha correlación entre tanto os niveis séricos baixos coma os altos e un incremento da mortalidade, mentres que un nivel de 50–60 nmol/L estaba asociado coa menor taxa de mortalidade. O estudo non demostrou causación.

Historia Grazas aos traballos realizados no laboratorio de Hector DeLuca en 1968 identificouse o 25(OH)D e demostrouse que o fígado interviña na súa formación. O enzima responsable disto, a colecalciferol 25-hidroxilase, foi illado por Michael F. Holick en 1972.

Notas

Categoría:Vitamina D Categoría:Secosteroides