Deandre Edoneille Ayton, nado o 23 de xullo de 1998 en Nassau, é un xogador bahamés de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Ayton foi seleccionado na primeira posición do Draft da NBA de 2018 polos Phoenix Suns, converténdose na primeira elección do Draft na historia dos Suns. O 6 de xullo de 2018, asinou o seu contrato de rookie cos Suns. Ó remate da súa primeira tempada na NBA, foi escollido entre os tres finalistas ó Rookie do Ano, e incluído no mellor quinteto de rookies do ano.https://www.nba.com/nbaawards/2019/finalistshttps://www.nba.com/2018-19-all-rookie-teams-official-release

O 27 de setembro de 2023, Ayton foi traspasado xunto a Jrue Holiday, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Portland Trail Blazers, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Grayson Allen, Jusuf Nurkić, Nassir Little e Keon Johnson ós Suns.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2018–19 Phoenix 71 30.7 .585 .000 .746 10.3 1.8 0.9 0.9 16.3 Total 71 30.7 .585 .000 .746 10.3 1.8 0.9 0.9 16.3

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados nas Bahamas Categoría:Xogadores de baloncesto das Bahamas Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers