miniatura|Kersti Kaljulaid (2021) Kersti Kaljulaid nada en Tartu o 30 de decembro de 1969, é unha política estoniana e a quinta presidenta de Estonia, no cargo dende o 10 de outubro de 2016. É a primeira muller xefa do estado de Estonia dende que o país declarou a súa independencia en 1918, así como o presidente máis novo da súa historia, con 46 anos no momento da súa elección.Former European auditor Kersti Kaljulaid elected president of Estonia Estonian World, 2 de outubro de 2016. Consultado o 3 de outubro de 2016.
Traxectoria Graduouse na Universidade de Tartu no campo da xenética e completou estudos de máster na Facultade de Economía e Administración de Empresas.
Traballou como directora financeira e directora executiva da central eléctrica de Iru, da empresa enerxética estatal Eesti Energia, e como asesora económica do primeiro ministro estoniano Mart Laar.
Kaljulaid serviu como representante de Estonia no Tribunal de Contas Europeo dende o ano 2004 até o 2016.Kes on Kersti Kaljulaid? Postimees, 27 de setembro de 2016 . Consultado o 30 de setembro de 2016. Despois de varias roldas sen éxito eleccións presidenciais de 2016, Kaljulaid foi presentada como un "candidata sorpresa", e o 30 de setembro de 2016 foi nomeada pola maioría dos partidos parlamentarios como candidata conxunta para Presidenta de Estonia, e como candidata única para esa rolda. Kaljulaid foi votada como Presidenta de Estonia o 3 de outubro de 2016, con 81 votos a prol e 17 abstencións.Kersti Kaljulaid sai 81 häälega uueks Eesti presidendiks ERR, 3 de outubro de 2016 . Consultado o 3 de outubro de 2016
A presidenta da República apoia moitas organizacións e causas e tamén foi patroa da campaña de Estonia como membro non permanente do Consello de Seguridade da ONU, 2020-2021.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Biografía da Presidenta"
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Presidentes de Estonia Categoría:Políticos de Estonia