Jüri Ratas, nado en Talín o 2 de xullo de 1978, é un político estoniano que ocupou o cargo de Primeiro Ministro de Estonia entre 2016 e 2021.
Traxectoria É membro do Partido do Centro de Estonia. Ocupou o seu primeiro cargo político como Vicepresidente do Parlamento Nacional, o Riigikogu, e seguidamente dende 2005 até 2007 foi o Alcalde de Talín. Como alcalde cómpre salientar que iniciou o Programa de Capital Verde Europea na cidade.
Nas Eleccións Parlamentarias de 2015 foi reelixido para o parlamento cun total de 7.932 votos individuais. No mes de marzo dese mesmo ano foi elixido como o segundo vicepresidente da cámara.
O 5 de novembro de 2016 foi elixido para suceder a Edgar Savisaar como novo líder do Partido de Centro.
Presidente de goberno (2016-2021) Despois de que o segundo gabinete do daquela primeiro ministro, Taavi Rõivas, se dividise no mes de novembro debido a unha loita interna, comezaron as conversacións para formar unha coalición para gobernar entre o Partido de Centro, o Partido Socialdemócrata e a Unión Pro Patria e Res Publica. O 19 de novembro, os tres partidos acordaron as condicións e finalmente lograron formala, con Jüri Ratas como principal líder. Tras liderar esta coalición, o día 23 de novembro de 2016, xurou como 17º primeiro ministro de Estonia, en substitución de Rõivas, e mantivo o cargo ata o 26 de xaneiro de 2021.
Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Talín Categoría:Primeiros ministros de Estonia