Mulatu Teshome Wirtu (en ge'ez: ሙላቱ ተሾመ ውርቱ), nado en 1957, é un político etíope que foi Presidente de Etiopía dende o 7 de outubro de 2013 até o 25 de outubro de 2018.

Traxectoria Mulatu naceu na vila de Arjo, na provincia de Welega. Educouse na China, obtendo o seu título en filosofía de política económica e o seu doutoramento en dereito internacional pola Universidade de Pequín. Fixo un mestrado en dereito e diplomacia na Escola de Dereito e Diplomacia Fletcher da Universidade Tufts en 1990. Ensinou nalgunhas "universidades e institucións estranxeiras", segundo Abadula Gemeda.

A mediados da década de 1990 foi viceministro de cooperación e desenvolvemento económico baixo o ministro Girma Birru, e foi nomeado ministro de agricultura en 2001. Tamén foi voceiro da Casa da Federación dende 2002 a 2005. Exerceu como embaixador de Etiopía na China, no Xapón, Turquía, e Azerbaidján.

Mentres servía como embaixador de Turquía, foi elixido como Presidente de Etiopía por un voto parlamentario unánime o 7 de outubro de 2013. Girma Seifu de Unidade pola Democracia e a Xustiza, o único membro da oposición no parlamento, felicitou a súa elección. Como os seus predecesores Girma Wolde-Giorgis e Negasso Gidada, el é membro do pobo oromo.

Mulatu ten un fillo.

Notas

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Presidentes de Etiopía Categoría:Alumnos da Universidade de Pequín