Esta páxina lista os sátrapas aqueménidas e os posteriores monarcas de Capadocia, unha antiga rexión da Anatolia central.

Sátrapas de Capadocia (c. 380–331 a.C.) miniatura|Mapa da Capadocia aqueménida. A Satrapía de Capadocia foi unha satrapía (provincia) do Imperio Aqueménida até a súa conquista por Alexandre o Grande no 331 a.C.

Datames, c. 380–362 a.C. Ariamnes I, 362–350 a.C. Mitrobuzanes (morto 334 a.C.) Ariarates I, 340–331 a.C.

Reis de Capadocia (331 a.C.–17 d.C.) Ariarates I conseguiu manter o control de Capadocia, mesmo despois da conquista dos persas por Alexandre Magno; con todo, en 322 a.C., foi crucificado por Pérdicas, o xeneral de Alexandre e, rexente.

Pérdicas cedeu Capadocia a Eumenes, o exsecretario de Alexandre. Non obstante, durante a inestabilidade por mor das continuas guerras civís entre os xenerais de Alexandre, Eumenes foi asasinado, e o fillo adoptivo de Ariarates I, Ariarates II, conseguiu volver a asegurar a súa herdanza e converteuse en rei de Capadocia despois de acepta-la soberanía seléucida.

Dinastía Ariátida

Ariarates I 331–322 a.C. Ariarates II, 301–280 a.C. Ariamnes II, 280–230 a.C. Ariarates III, 255–220 a.C. Ariarates IV Eusebes, 220–163 a.C. Ariarates V Eusebes Filopátor, 163–130 a.C. Orofernes, 157 a.C. Ariarates VI Epifanes Filopátor, 130–116 a.C. Ariarates VII Filométor, 116–101 a.C. Ariarates VIII, 101–96 a.C. Ariarates IX, c. 95 a.C.

Dinastía Ariobarzánida

Ariobarzanes I Filoromano, 95–c. 63 a.C. Ariobarzanes II Filopátor, c. 63–51 a.C. Ariobarzanes III Eusebes Filoromano, 51–42 a.C. Ariarates X Eusebes Filadelfos, 42–36 a.C. Arquelao Ktistes, 36 a.C.–17d.C.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Capadocia Provincia romana de Capadocia

Categoría:Listas de monarcas Categoría:Asia Menor Categoría:Sátrapas do Imperio Aqueménida Categoría:Historia de Turquía