Rexión de Amhara (en ; ʾÄmara) é unha das nove divisións étnicas de Etiopía, sendo o fogar dos amháricos. Outrora coñecida como "Rexión 3", a súa capital é Bahir Dar. O meirande corpo de auga de Etiopía, o lago Tana, que é a fonte do río Nilo Azul, atópase na rexión de Amhara. A rexión tamén contén o Parque nacional de Simien, que inclúe Ras Dashan, o punto máis alto do país. Amhara limita co Sudán polo oeste e o noroeste, e coas rexións etíopes de Tigray polo norte, de Afar polo leste, Benishangul-Gumuz polo suroeste e Oromia polo sur.

O goberno de Amhara componse do poder executivo, liderado polo presidente, o poder lexislativo que comprende o Consello de Estado e o poder xudicial, liderado pola Corte Suprema do estado.

Véxase tamén

Ligazóns externas FDRE States: Basic Information - Amhara

Categoría:Rexións de Etiopía