Marta Cid i Pañella, nada en Amposta o 29 de xullo de 1960, é unha política catalá membro de Esquerra Republicana de Catalunya e deputada no Parlamento de Cataluña pola circunscrición de Tarragona. Foi Conselleira de Educación da Generalitat de Cataluña dende febreiro de 2004 até maio de 2006. Dende abril de 2007 é responsable da Secretaría de Acción Política da Federación do Ebro, Membro da Comisión Permanente de Esquerra, deputada no Parlamento de Cataluña e candidata á alcaldía de Amposta.
Traxectoria persoal Marta Cid é licenciada en Psicoloxía, diplomada en Maxisterio e posgraduada en Logopedia pola Universidade de Barcelona. Foi profesora de EXB entre 1982 e 1987 e psicóloga e logopeda da Escola de Educación Especial e Taller Ocupacional de Amposta (APASA) de 1987 a 2000. É coautora do libro PHN: la raó d'Estat contra l'Ebre i la Terra.Una maestra al frente de Ensenyament El Mundo, 21 de febrero de 2004Autores varios. PHN: la raó d’Estat contra l’Ebre i la terra Arola editors: 2003
Marta Cid practicou o balonmán até o ano 1984 e foi fundadora do Club Handbol Amposta Atlètic. Foi membro fundador da Coordinadora Antitransvasaments (Coordinadora Antitrasvase) e colaboradora en diversas entidades e asociacións culturais de Amposta.La VII assemblea de la PDE convoca los antitransvasistas en Vinaròs L'Ebre Digital, 23 de febrero de 2004
Notas
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Políticos de ERC Categoría:Políticos de Cataluña