Ilmenau é unha cidade de 26.713 habitantes do distrito de Ilm-Kreis, Turinxia, Alemaña. O río Ilmenau, do mesmo nome, na Baixa Saxonia, e non pasa pola cidade de Ilmenau.

Historia A primeira referencia á cidade data do ano 1273, o que a converte no máis antigo lugar mencionado en Turinxia. En 1341 recibiu dereitos de cidade. En 1777 fundouse na vila unha fábrica de porcelana, e en 1894 unha universidade.

Imenau ten varios museos, como o Jagdhaus Gabelbach (antigo pavillón de caza construído en 1783, no bosque sur do municipio, realiza exposicións forestais e científicas), a Fischerhütte: na rúa Langewiesener (antiga fábrica de vidro, cun obradoiro, ás veces realiza exposicións temporais de óptica e luz), ou o Goethe-Stadt-Museum: dentro do Amtshaus en Marktplatz, que ademais de mostrar características importantes da rexión, expón a conexión de Johann Wolfgang von Goethe coa cidade , que a escollía como sitio habitual de descanso e onde escribiu varias das súas obras, entre elas un longo poema chamado «Ilmenau».

Ecomomía O principal sector económico é a enxeñaría mecánica. A minería (cobre, prata e manganeso) tamén foi historicamente importante. Desde 1777 a industria da porcelana e a industria do vidro, que tamén se reconvertiu para fabricar instrumentos ópticos e de laboratorio.

Enerxía renovábel Para o final da lexislatura comezada en 2021, a cidade pretende cubrir o 44% do seu consumo de enerxía con renovábeis. As emisións de CO2 reducíronse arredor de dous terzos en 2020 desde 1990.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial da cidade

Categoría:Cidades de Turinxia