Rafael Melero Granja, nado en Tomiño o 22 de novembro de 1918 e finado no Carballiño o 21 de outubro de 1962, foi un escritor galego.
Traxectoria
Nado en Tomiño, pasou a súa infancia en Pontevedra e viviu en Ourense. Tras ser mobilizado por mor da guerra civil, completou os seus estudos de profesorado mercantil e accedeu por oposición ao funcionariado do Banco de España, primeiramente en Pontevedra, e dende 1955 como secretario do Banco de España en Salamanca. En 1947 casou con Josefa Peña Nogueiras no Carballiño e tivo dous fillos. Nesta vila pasaba longas tempadas de verán onde desenvolvía a súa produción literaria. Publicou 6 libros e foi premio de poesía "Marina" en 1958 con La voz en el tiempo.
Ademais de poeta, foi un notable pintor, e colaborou activamente publicando numerosos artigos en diferentes medios sobre poesía e pintura do seu momento.
Destacar as súas colaboracións no xornal vespertino compostelán La Noche, o xornal Diario de Pontevedra, a revista palentina de poesía e crítica Rocamador , a revista cultural abulense El Cobaya, a revista conquense El molino de papel. Pliegos de poesía, a colección antololóxica de poetas de lingua portuguesa e española Panorámica poética lusohispánica, ou a Revista de Poesía Americana Caballo de Fuego.
Mantivo contacto con Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre, Gabriel Celaya, Blas de Otero, Ramón de Garciasol, Vicente Risco, Trébolle Díaz, Aquilino Iglesia Alvariño e outros poetas e pintores da década dos 60.
Esta intensa actividade cultural viuse bruscamente interrompida pola súa morte por cancro aos 43 anos. Faleceu no Carballiño o 21 de outubro de 1962,La Noche, 22-10-1962, p. 2. e foi soterrado no cemiterio parroquial de Señorín.
Obras Tarde roja, 1958. La voz en el tiempo, 1959. Alba del viento, 1959. Mundo inmediato, 1960. Contrapunto en tres tiempos, 1961. Furia de raíces, 1963.
Poesía inédita, 2024.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Rafael Melero, poeta
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1962