Wangui Wa Goro, nada en 1961, é unha investigadora, tradutora, escritora, activista e académica kenyana, residente no Reino Unido. As súas investigacións e intereses céntranse no desenvolvemento das linguas e literaturas africanas, así como a promoción internacional das traducións destas literaturas.

Traxectoria

Wangui wa Goro viviu e estudou en diversas partes do mundo, como o Reino Unido, os Estados Unidos, Alemaña e Suráfrica. Naceu en Kenya, pero deixou o país para estudar Linguas Modernas e Economía na Universidade de Leicester. Proseguiu os seus estudos de Educación na Universidade de Londres (actual University College of London), e doutorouse en Estudos de Tradución na Universidade de Middlesex.

Traballou co goberno local, así como de académica en Humanidades no Reino Unido, e en contextos de desenvolvemento internacional. Por mor do seu activismo nos dereitos humanos e a súa implicación pola democracia en Kenya, Wa Goro viviu exiliada en Inglaterra uns cantos anos. Apoiou diversos movementos pola xustiza e a liberdade, como o movemento anti-apartheid, e implicouse no movemento das mulleres como feminista, traballando no movemento feminista negro e africano no Reino Unido e en Europa.

Traduciu a obra de autores e autoras recoñecidas, como a sátira de Ngũgĩ wa Thiong'o Matigari e as súas obras infantil-xuvenís Njamba Nene and the Flying Bus (1986) e Njamba Nene's Pistol (1990), da lingua kikuyu ao inglés, así como o libro de poesía de Véronique Tadjo A vol d'oiseau do francés.

A súa propia obra inclúe poesía, ensaio e relatos.Perfil de Wangui wa Goro , African Studies Association of the UK. O seu relato "Heaven and Earth" foi incluído no currículo escolar de Kenya."About Us" , The Caine Prize. Como activista dos dereitos humanos,"Wangui Wa Goro" , Human Rights and Social Justice Research Institute, London Metropolitan University. coeditou con Kelly Coate e Suki Ali o libro Global Feminist Politics: Identities in a Changing World (Routledge, 2001). Colaborou en publicacións como Under the Tree of Talking: Leadership for Change in Africa (Onyekachi Wambu, 2007)"Under the Tree of Talking: Leadership for Change in Africa" at BookBlast. e a antoloxía de 2006 African Love Stories, editada por Ama Ata Aidoo.Stella Riunga, "African Love Stories, An Anthology by Ama Ata Aidoo", Book Spotlight, Storymoja.

Participa de forma habitual no festival literario Africa Writes da Royal African Society, que entre outros eventos inclúe o simposio Africa in Translation,"Africa Writes 2013" , Royal African Society.Dele Meiji, "Matigari: Talking Revolutionary Translation with Wangui Wa Goro, Friday 12 July, 12.30PM" , 12 de xullo de 2014."Africa in Translation: What's Love Got to Do With It?", 3 de xullo de 2015, Africa Writes."What's Love Got to do with it?" , SIDENSi. baixo a coordinación da organización internacional SIDENSi."About" , SIDENSI.. É membro fundadora de TRACALA (Translation Caucus of the African Literature Association).

Foi membro de organizacións como Women's Studies Network UK, British Centre for Literary Translation, Arts Council England, PEN International e African Literature Association. She Foi membro do consello de Caine Prize for African Writing, do que foi xurado en 2007.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Wangui wa Goro, "Deconstructing culture in Africa" , Pambazuka News, nº 278, 16 de novembro de 2006. "Wangui wa Goro - Translation as fusion in global Igbo/African pasts and futures". Wangui wa Goro delivering the keynote lecture at the 5th Annual Igbo Conference on Igbo Fusions: Past, Present and Futures. "Interview: Peter Thompson and Wangui wa Goro on Translation", Journal of the African Literature Association, Volume 5, 2010 - Issue 1, pp. 189–197.

Categoría:Nados en Kenya Categoría:Nados en 1961 Categoría:Escritores de Kenya Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Alumnos da Universidade de Leicester Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Middlesex