O Primeiro Ministro de Croacia (en ), oficialmente Presidente do Goberno da República de Croacia (), é o xefe de goberno de Croacia, e é de facto o cargo máis poderoso e influente do Estado no sistema croata de goberno.
Despois do establecemento por primeira vez do cargo en 1945, o período semipresidencial de 1990-2001 foi a única excepción na que o Presidente de Croacia ostentou a autoridade de facto. Na orde formal de precedencia croata, con todo, a posición de primeiro ministro é a terceira máis alta, despois do Presidente da República e o presidente do Parlamento.
A Constitución de Croacia indica que "o Parlamento supervisa ao goberno" (artigo 81) e que "o presidente da República garante o funcionamento e a estabilidade regulares e equilibrados do goberno" (no seu conxunto; artigo 94), mentres que o goberno está articulado no artigo 108. Dende o 2000, o primeiro ministro ten varios poderes constitucionais engadidos e é mencionado antes que o propio Goberno no texto da Constitución, nos artigos 87, 97, 99, 100, 101, 103 e 104. O actual primeiro ministro de Croacia é Andrej Plenković. O goberno de Croacia atópase en Banski dvori, un edificio histórico situado na parte oeste da praza de San Marcos en Zagreb.
Nome O nome oficial do cargo, traducido literalmente, é "presidente do goberno" (Predsjednik Vlade), e non "primeiro ministro" (Prvi Ministar). Cando o cargo foi creado por primeira vez en 1945, introduciuse o nome de "presidente do goberno". O nome do cargo mudouse 8 anos despois coas reformas constitucionais iugoslavas de 1953, a "presidente do Consello Executivo" (Predsjednik Izvršnog vijeća). Despois doutra rolda de reformas constitucionais en 1990, o cargo foi renomeada ao seu título orixinal de "presidente do goberno".
Historia O Real Goberno do Reino de Croacia Eslavonia (1868-1918) estaba encabezado polo Ban (Vicerrei), que representaba ao rei. O primeiro xefe de goberno de Croacia como república constituínte da República Federal Popular de Iugoslavia foi Vladimir Bakarić, que asumiu o cargo o 14 de abril de 1945. A posición era entón, como é hoxe, o cargo público máis poderoso do estado (a única excepción histórica é o sistema semipresidencial extremadamente poderoso empregado desde 1990 ata 2000, durante o cal o presidente foi de lonxe a figura máis significativa da xerarquía do goberno). Na República Socialista de Croacia de despois da segunda guerra mundial, houbo un sistema de partido único. Durante este tempo houbo doce xefes de goberno (empregando o título de presidente do Consello Executivo), todos procedentes das filas do Partido Comunista de Iugoslavia (KPJ), que foi reformado e pasou a denominarse como Liga dos Comunistas de Iugoslavia (SKJ) en 1952. O partido federal organizouse en seis suborganizacións - os partidos da república, un para cada unha das seis repúblicas federais. Os políticos e os primeiros ministros croatas do período foron membros da Liga dos Comunistas de Iugoslavia a través da súa adhesión á Liga dos Comunistas de Croacia (SKH), a parte croata do partido federal (como sucedeu respectivamente con todos os políticos iugoslavos). O cargo seguiu sendo o posto central da política croata a pesar da institución dunha presidencia colectiva en 1974 (anteriormente a función de xefe de Estado pertencía ao presidente do parlamento croata, o Sabor).
Despois das emendas constitucionais que permitían eleccións con varios partidos en Croacia, o Parlamento promulgou emendas á constitución (25 de xullo) que eliminaron as referencias socialistas e adoptou novos símbolos nacionais. O recentemente elixido Parlamento tricameral procedeu a cambiar a Constitución de Croacia e o 22 de decembro de 1990 esta foi chamada "Constitución de Nadal" definindo fundamentalmente a República de Croacia e a súa estrutura gobernamental. A partir das reformas constitucionais de 1990 en diante Croacia foi unha república semipresidencialista, o que significou que o presidente de Croacia tiña amplos poderes executivos (aínda máis expandidos máis tarde), incluído o nomeamento e destitución do primeiro ministro e doutros funcionarios no goberno. Durante este período, que durou ata as emendas constitucionais a finais do 2000, Croacia tivo sete primeiros ministros. O primeiro deles dende as reformas constitucionais de 1990 foi Stjepan Mesić, asumindo o cargo o 30 de maio de 1990.
Tras o referendo de independencia de maio de 1991, no que o 93% dos votantes aprobou a secesión, Croacia proclamou formalmente a independencia de Iugoslavia o 25 de xuño de 1991, con Josip Manolić continuando no papel de primeiro ministro como xefe do goberno dunha Croacia independente. Con todo, o país asinou entón o Acordo de Brijuni de xullo de 1991 no que acordaba aprazar outras actividades para estreitar lazos con Iugoslavia. Mentres tanto, sucedeu a guerra de independencia croata e Franjo Gregurić foi nomeado para dirixir un goberno de unidade nacional. En outubro do mesmo ano, Croacia rompeu formalmente todos os vínculos legais restantes coa Federación Iugoslava.
Despois das eleccións xerais de xaneiro de 2000, a coalición de centro-esquerda gañadora liderada polo Partido Socialdemócrata modificou a Constitución e desposuíu efectivamente ao presidente da maioría dos seus poderes executivos, fortalecendo o papel do Parlamento e do primeiro ministro, convertendo a Croacia nunha república parlamentaria. De novo o primeiro ministro (como antes de 1990) converteuse no primeiro cargo na política croata.
Ata a data houbo doce primeiros ministros que presidiron 14 gobernos desde as primeiras eleccións multipartidistas. Nove ministros eran membros da Unión Democrática Croata durante o mandato, dous eran membros do Partido Socialdemócrata e un non era membro de ningún partido político. Dende a independencia, houbo unha primeira ministra (Jadranka Kosor), mentres que Savka Dabčević-Kučar foi a primeira muller (non só en Croacia, senón en Europa) que ocupou un cargo equivalente a un xefe de goberno como presidenta do Consello Executivo da República Socialista de Croacia (1967-1969).
Primeiros ministros de Croacia
Primeiros ministros da República Socialista de Croacia dentro da República Federal Socialista de Iugoslavia (1945 – 1990) NºFoto Nome MandatoPartido Secretario xeral InicioFin Duración 112x112px Vladimir Bakarić (1912-1983) 14 de abril de 1945 18 de decembro de 1953 8 anos, 8 meses e 4 días Partido Comunista de Croacia Vladimir Bakarić 65x65px (1944–1969) Liga dos Comunistas de Croacia 99x99px Jakov Blažević (1912–1996) 18 de decembro de 1953 10 de xullo de 1962 8 anos, 6 meses e 22 días Liga dos Comunistas de Croacia Zvonko Brkić (1912–1977) 10 de xullo de 1962 27 de xuño de 1963 11 meses e 17 días Liga dos Comunistas de Croacia 98x98px Mika Špiljak(1916–2007) 27 de xuño de 1963 11 de maio de 1967 3 anos, 10 meses e 14 días Liga dos Comunistas de Croacia 106x106px Savka Dabčević-Kučar (1923–2009) 11 de maio de 1967 8 de maio de 1969 1 ano, 11 meses e 14 días Liga dos Comunistas de Croacia 113x113px Dragutin Haramija (1923–2012) 8 de maio de 1969 28 de decembro de 1971 2 anos, 7 meses e 20 días Liga dos Comunistas de Croacia Savka Dabčević Kučar65x65px (1969–1971) Ivo Perišin (1925–2008) 28 de decembro de 1971 8 de maio de 1974 2 anos, 4 meses e 10 días Liga dos Comunistas de Croacia Milka Planinc 65x65px (1971–1982) 113x113px Jakov Sirotković (1922–2002) 8 de maio de 1974 9 de maio de 1978 4 anos e 1 día Liga dos Comunistas de Croacia 113x113px Petar Fleković (1932–) 9 de maio de 1978 Xullo de 1982 4 anos e 1 ou 2 meses Liga dos Comunistas de Croacia Ante Marković (1924–2011) Xullo de 1982 20 de novembro de 1985 3 anos e 3 ou 4 meses Liga dos Comunistas de Croacia Jure Bilić 65x65px (1982–1983) Josip Vrhovec 65x65px (1983–1984 Mika Špiljak 65x65px (1984–1986) 113x113px Ema Derossi-Bjelajac (1926–) 20 de novembro de 1985 10 de maio de 1986 5 meses e 20 días Liga dos Comunistas de Croacia Antun Milović (1934–2008) 10 de maio de 1986 30 de maio de 1990 4 anos e 20 días Liga dos Comunistas de Croacia Stanko Stojčević 65x65px(1986–1989) Liga dos Comunistas de Croacia Ivica Račan 65x65px (1989–1990)
Primeiros ministros da República de Croacia (1990 – actualidade) Aínda parte da RFS de Iugoslavia ata o 25 de xuño de 1991. NºFotoNomeMandatoPartidoComposiciónPresidenteInicioFinDuración 113x113pxStjepan Mesić(1934–)30 de maio de 199024 de agosto de 19902 meses e 25 díasHDZHDZFranjo Tuđman50x50px 109x109pxJosip Manolić(1920-)24 de agosto de 199025 de xuño de 199110 meses e 23 díasHDZHDZ25 de xuño de 199117 de xullo de 1991 Franjo Gregurić(1939–)17 de xullo de 199112 de agosto de 19921 ano e 26 díasHDZHDZ SDP
HSLS
HNS
HKDU
HDS
SSH 100x100pxHrvoje Šarinić(1935–2017)12 de agosto de 19923 de abril de 19937 meses e 22 díasHDZHDZ 107x107pxNikica Valentić(1950–)3 de abril de 19937 de novembro de 19952 anos, 7 meses e 4 díasHDZHDZ 101x101pxZlatko Mateša(1949–)7 de novembro de 199527 de xaneiro de 20004 anos, 2 meses e 20 díasHDZHDZStjepanMesić50x50px 110x110pxIvica Račan(1944–2007)27 de xaneiro de 200023 de decembro de 20033 anos, 10 meses e 26 díasSDPSDP
HSLS
HNS
HSSSDP
HSLS
HNS 100x100pxIvo Sanader(1953–)23 de decembro de 20036 de xullo de 20095 anos, 6 meses e 13 díasHDZHDZ
DCHDZ 133x133pxJadranka Kosor(1953–)6 de xullo de 200923 de decembro de 20112 anos, 5 meses e 17 díasHDZHDZ
HSLS
HSS
SDSSIvo Josipović50x50px 128x128pxZoran Milanović(1966–)23 de decembro de 201122 de xaneiro de 20164 anos e 30 díasSDPSDP
HNS
IDSKolinda Grabar Kitarović50x50px 128x128pxTihomir Orešković(1966–)22 de xaneiro de 201619 de outubro de 20168 meses e 27 díasIndependenteHDZ
MOST 142x142pxAndrej Plenković(1970–)19 de outubro de 2016Presente2 anos, 9 meses e 8 díasHDZHDZMOSTHDZHDZ
HNS
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Presidente de Croacia Xefes de Estado e Goberno actuais
Categoría:Primeiros ministros de Croacia Categoría:Listas de personalidades da política