Os intocables de Eliot Ness (en ) é un filme estadounidense de 1987 dirixido por Brian De Palma, producido por Art Linson, escrito por David Mamet, que está baseado no libro do mesmo nome (1957). Está protagonizado por Kevin Costner, Charles Martin Smith, Andy García, Robert De Niro e Sean Connery, e conta a historia de Eliot Ness (Costner) como parte do equipo dos "Intocables" que levaron a Al Capone (De Niro) perante a xustiza durante a Lei seca. A banda sonora foi composta por Ennio Morricone e gañou un Premio Grammy.

Os intocables de Eliot Ness estreouse na cidade de Nova York o 2 de xuño de 1987, e nos Estados Unidos o 3 de xuño. O filme recadou máis de 106,2 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Estivo nomeado a catro Premios Oscar; Connery gañou o Oscar ó mellor actor secundario.

Foi emitido na Televisión de Galicia o 30 de marzo de 1996.La Voz de Galicia, 30 de marzo de 1996. Páx. 83

Personaxes Kevin Costner como Eliot Ness Sean Connery como Jimmy Malone Andy García como George Stone/Giuseppe Petri Robert De Niro como Al Capone Charles Martin Smith como Oscar Wallace Patricia Clarkson como Catherine Ness Billy Drago como Frank Nitti Richard Bradford como Xefe Mike Dorsett Jack Kehoe como Walter Payne Brad Sullivan como George Del Close como Roy Alderman Vito D'Ambrosio como Bowtie Driver Clifton James como Fiscal do distrito (sen acreditar) Don Patrick Harvey como Oficial Preseuski

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1987 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Brian De Palma Categoría:Filmes con banda sonora de Ennio Morricone Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes baseados en series de televisión Categoría:Filmes de 1987 con versión en galego