Chaguaní é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Magdalena Centro, a 121 km de Bogotá. Chaguaní é coñecido como «A Terra de Cupido» polo "Festival do Solteiro" que se realiza no mes de maio.«En Chaguaní, solteros por decreto». Diario El Tiempo (27 de maio de 2008).

Toponimia O topónimo de Chaguaní, en lingua panche, significa «home do cerro de ouro».

Historia Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Chaguaní estivo habitado polos panches, cuxas terras foron conquistadas por Hernán Venegas Carrillo en 1543, de paso para Mariquita. O poboado colonial foi fundado o 6 de agosto de 1770 polo pai dominico frei José Ledo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca