miniatura|Representación da famosa escena do balcón de Romeo e Xulieta. Pintura de 1884, por Frank Dicksee. Función de Romeo e Xulieta, famosos namorados é unha pequena obra dramática de Álvaro Cunqueiro publicada en 1956 dentro da novela As crónicas do Sochantre. Foi reeditada por Galaxia en Don Hamlet e tres pezas máis (1974) e en Don Hamlet e outras pezas. Teatro galego completo. 1932-1968 (2013).
Características Na peza, que aparece entre as historias que lle acontecen ao Sochantre de Pontivy, alúdese á obra de William Shakespeare e intégrase o texto na novela As Crónicas do Sochantre. A anécdota fabulada e relatada nas crónicas desenvólvese por medio dunha representación teatral all’improviso de acordo coas normas de representación da Commedia dell’ Arte. Ofrécese unha visión absurda que se adianta aos principais representantes do absurdo europeo como Eugène Ionesco.
O autor explica na introdución:
Contido
Escena I Praza de Verona en Italia, uns mozos cantan e a xente e os soldados conversan.
Despois de once anos os suízos levantaron o cerco da cidade. Celébrase a vitoria e chega un correo.
Escena II Fala o Gonfaloneiro: Entra o correo cunha alforxa de cartas.
Escena III Mais o correo só trae unha carta: "Para a mui dolorida infanta de Verona, dama Xulieta". A xente agardaba novas de Mantua, de comidas, de...
Escena IV Entra Xulieta para ler a carta. O correo confírmalle que é de Romeo. Le na carta: No texto hai agora na marxe e en tinta vermella unha anotación do sochantre que di: "aquí comezou a anoitecer e comezaron a mostrarse os esqueletes". Continúa Xulieta coa lectura da carta e mentres as súas mans descobren a carne e ela, horrorizada de si mesma, deixa caer a carta. As xentes botan grandes berros: Todos foxen, a praza queda deserta, os defuntos corren ata a carroza.
Escena V Dun recuncho sae unha nena mendiña e farrapenta:
Notas
Categoría:Obras literarias de 1956 Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro Categoría:Editorial Galaxia