Amadeo Rodríguez Malvar foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria Mestre de instrución primaria. Foi administrador de El Eco de Puente-Caldelas na súa primeira época. Cando o periódico cambiou de orientación e se fixo caciquil, dirixiu La Voz de Puente-Caldelas a principios de 1913, que continuou a liña agrarista de El Eco de Puente-Caldelas. Foi denunciado por inxúrias por Lorenzo García Vidal por algúns artigos e versos publicados no periódico co título "Fazañas de un grilo", e xulgado en agosto de 1913.El Progreso, 19-8-1913, p. 1. En setembro foi condenado ao desterro.Noticiero de Vigo, 2-10-1913, p. 1. En maio de 1914 celebrouse o xuízo dunha querela por inxurias graves por denuncia de Adolfo Piñeira.El Progreso, 7-5-1914, p. 3. Foi absolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra.El Norte de Galicia, 11-5-1914, p. 2.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido