Mar ao norde é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1932 por Nós. Foi reeditada pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980).

Hai unha edición bilingüe con tradución ao castelán por Xavier Rodríguez Baixeras.

Características Mar ao norde (1932) un libro de iniciación, a súa primeira obra, cun sincretismo vangardista con algo de cubismo ou creacionismo, reaccionando contra o imaxinismo de moda e con aproximacións a Manuel Antonio (no que hai maior fondura no tratamento do tema común do mar). Son poemas breves e concisos nos que se opoñen o mar e a terra, e a illa é o centro na última parte. É unha poesía xeométrica e fría, desde unha postura de deshumanización da arte, con escasas concesións á sentimentalidade.

Segundo Xosé Ramón Pena:

Segundo o Diccionario da literatura galega:

Poemas -Porto

Cinco fiestras colgadas Sin que naide o soupera (6 versos) Sombra en presencia pura (8 versos)

-Mar outa

Illa: oco insumiso (7 versos) Este é o punto mesmo (13 versos) Unha, dúas, tres: a lancha (6 versos) Unha cóxega morna: así (7 versos) Tamén o mar, hoxe (10 versos) Coma un ollo: Todo o branco do serán (10 versos) Xa non hai aquela simple (7 versos) Nidia dede a note (4 versos) A vosa soedá óuvese (8 versos)

-Illa

Xa teño a noite e o día (7 versos) E como doi a luz (11 versos) ROSAL (3 versos) Agora –van lendo- (5 versos) Eu nona ollei nascer. Déronma (12 versos) Lua mollada chegáballe do mar (9 versos) Move. Corre. É a hora enteira (6 versos)

-Terra adentro

¿Non coñeces o mar? ( 8versos) Non sei si a fiestra hoxe (10 versos)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 1932 Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de Álvaro Cunqueiro