Muhi-ud-Din Muhammad, nado o 3 de novembro de 1618 e finado o 3 de marzo de 1707, coñecido polo alcume de Aurangzeb (en persa, "ornamento do trono") ou polo seu título real Alamgir (en persa, "Conquistador do Mundo"), foi o sexto emperador mogol, que gobernou por completo o subcontinente indio durante un período de 49 anos. Considerado o último gobernante efectivo do Imperio Mogol,Catherine Blanshard Asher, (1992) "Architecture of Mughal India – Part 1", Cambridge university Press, Volume 1, Páxina 252. Aurangzeb recompilou o Fatawa-e-Alamgiri, e está acreditado como un dos poucos líderes que estableceron totalmente a Xaria e a economía islámica en Asia Meridional.

Como líder militar, Aurangzeb foi un destacado expansionista; durante o seu reinado, o Imperio Mogol acadou a súa máxima extensión, dominando case todo o subcontinente indio. Durante a súa vida, as vitorias no sur aumentaron o imperio a catro millóns de quilómetros cadrados, e gobernou unha poboación estimada de máis de 158 millóns de persoas, cuns ingresos anuais de 450 millóns de dólares (máis de dez veces os do seu contemporáneo Lois XIV de Francia), ou 38 624 680 libras (2 879 469 894 rupias) en 1690. Baixo o seu reinado, a India superou a China Qing como a maior economía e potencia fabricante mundial, cun valor de máis de noventa mil millóns de dólares, case un cuarto do produto interior mundial e máis que toda Europa Occidental.Maddison, Angus (2003): Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical Statistics, OECD Publishing, , pages 259–261

Aurangzeb destacou pola súa piedade relixiosa, recompilou o Corán por completo, estudou os hadiths e observou os rituais do islam. Ao contrario dos seus predecesores, incluído o seu pai Shah Jahan, Aurangzeb considerou que o tesouro real debía conservarse para os cidadáns do imperio. Non gozou dunha vida de luxo e os seus gastos persoais e a construción de pequenas mesquitas cubriunas coas súas propias ganancias, que incluían a costura de capas e o comercio das súas copias escritas do Corán. Tamén patrocinou traballos de caligrafía islámica e árabe.

Aurangzeb foi obxecto de críticas e controversias. Os críticos argumentan que as súas políticas abandonaron o legado de pluralismo e tolerancia relixiosa dos seus predecesores, citando a introdución do imposto jizya, a destrución de templos hindús, a execución do seu irmán máis vello Dara Shukoh, rei Sambhaji de Maratha e o noveno gurú sikh Tegh Bahadur,Abraham Eraly (2000), Emperors of the Peacock Throne: The Saga of the Great Mughals, Penguin Books, , pages 398–399. According to Abraham Eraly, "in 1670, all temples around Ujjain were destroyed" and later "300 temples were destroyed in and around Chitor, Udaipur and Jaipur" among other Hindu temples destroyed elsewhere in campaigns through 1705.Avari writes, "Aurangzeb's religious policy caused friction between him and the ninth Sikh guru, Tegh Bahadur. In both Punjab and Kashmir the Sikh leader was roused to action by Aurangzeb's excessively zealous Islamic policies. Seized and taken to Delhi, he was called upon by Aurangzeb to embrace Islam and, on refusal, was tortured for five days and then beheaded in November 1675. Two of the ten Sikh gurus thus died as martyrs at the hands of the Mughals. (Avari (2013), páxina 115) e a prohibición e supervisión do comportamento e as actividades que estaban prohibidas no islam como as apostas, a bebida, a música e o sexo prematrimonial. Pénsase ás veces que a caída do imperio mogol comezou preto da fin do seu reinado, debido á súa intolerancia política e relixiosa. Varios historiadores cuestionan a historicidade das afirmacións dos seus críticos, discutindo que a súa destrución de templos foi esaxerada, que empregou significativamente máis hindús na burocracia imperial que os seus predecesores e que se opuxo á intolerancia contra os hindús e os xiítas.

Aurangzeb tamén foi coñecido como Amir al-Mu'minin (líder dos fieis) e foi comparado con outros notables gobernantes musulmáns como o califa Umar e Saladin. Foi unha figura prominente, admirada e controvertida nas culturas musulmá, bengalí, paquistaní e india.

Traxectoria Primeiros anos Aurangzeb era o terceiro fillo do emperador Sha Jahan (construtor do Taj Mahal). O seu irmán máis vello, Dara Shikoh, era o herdeiro, mentres que Aurangzeb ocupaba o terceiro posto na liña sucesoria. O seu pai nomeouno gobernador de Decán, cargo que retivo entre 1636 e 1644; posteriormente foi gobernador de Gujarat (1645) e Afganistán en 1647 co encargo de recuperar a cidade de Kandahar, encargo que non conseguiu cumprir. Tras este fracaso, recuperou o seu cargo de gobernador de Decán e instalouse na cidade de Khidki. Os seus irmáns máis vellos, Shuja e Murad, eran nesa época gobernadores de Bengala e Gujarat.

En 1657, o emperador Sha Jahan caeu enfermo; Aurangzeb atacou o seu irmán máis vello e sucesor, mentres que os seus outros irmáns declararon a súa independencia e se proclamaron emperadores das súas respectivas provincias. A loita continuou con enfrontamentos internos. Aurangzeb encerrou o seu pai no forte de Agra, encerro que durou nove anos, ata a morte do antigo emperador (en 1666). Aurangzeb ordenou tamén a execución dos seus irmáns, Murad e Dara Shikoh. Tan só Shuja conseguiu fuxir ata a selva de Birmania onde desapareceu o seu rastro histórico.

Finalmente o 31 de xullo de 1658, Aurangzeb instalouse sobre o trono do pavón, símbolo do poder mogol.

Reinado e expansión do imperio Dende os inicios do seu reinado ata a súa morte. Aurangzeb estivo involucrado en constantes conflitos bélicos. Organizou un potente exército e iniciou un programa militar para conseguir expandir os límites do seu imperio. Ao noroeste, as súas fronteiras chegaron ata o Panyab e Afganistán. Tamén marchou cara so sur, conquistando Bijapur e Golconda, antigos inimigos.

Mais a combinación de expansión militar e intolerancia política tiveron consecuencias. Triunfou no seu desexo de ampliar o control mogol, aínda que esta expansión tivo un enorme custo en termos económicos e de vidas humanas. Ao mesmo tempo que expandía o seu imperio o sistema de goberno ía debilitándose.

Os sikhs de Panyab creceron en forza e número e rebeláronse contra as tropas de Aurangzeb. Coa caída dos reinos musulmáns de Golconda e Bijapur, os hindús uníronse para unificarse coa confederación maratha. Durante os últimos vinte anos da súa vida, Aurangzeb estivo en constantes batallas no Decán, cun custo enorme. miniatura|Moeda mogol: mohur de ouro a nome de Aurangzeb, datada no ano 48 do seu reinado.

Decadencia A diferenza dos seus predecesores, Aurangzeb non foi un gran construtor. Deixou un modesto mausoleo para a súa primeira esposa en Aurangabad, unha pequena copia do Taj Mahal. En comparación coa obra do seu pai, o mausoleo construído por Aurangzeb, está construído con materiais modestos e ten unha decoración moi pouco coidada, síntoma da decadencia que a arte mogol sufriu durante o seu reinado.

Aurangzeb é o único dos grandes mogois que non está enterrado nun mausoleo. De acordo coas súas crenzas e a súa vida austera, está enterrado nunha tumba a ceo aberto preto de Aurangabad. Á súa morte foi sucedido polo seu fillo Bahadur Shah. Mais Aurangzeb minara a unidade que os seus antecesores construíran na India, iniciou a decadencia da súa dinastía e preparou o terreo para a posterior colonización británica.

A riqueza e o poder mogois e polo tanto o padroado artístico chegaran ao cumio durante os reinados de Akbar (1556-1605), Jahangir (1605-1627), Shah Jahan (1628-1657) e Awrangzib (1658-1707). Logo, en 1739, o rei persa Nadir Shah saqueou Delhi, levando a Persia todas as riquezas dos mogois: as súas bibliotecas, tesouros e mesmo o fabuloso Trono do Pavón. Dese golpe psicolóxico os mogois nunca se recuperaron.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Muḥammad Bakhtāvar Khān. Mir'at al-'Alam: History of Emperor Awangzeb Alamgir. Trans. Sajida Alvi. Lahore: Idārah-ʾi Taḥqīqāt-i Pākistan, 1979.

Sarkar, Jadunath (1972). History of Aurangzib. Bombay: Orient Longman. Delhi, Khushwant Singh, Penguin USA, Open Market Ed edition, 5 de febreiro de 2000. () Also published as A Short History of Pakistan, Dr. Ishtiaque Hussain Qureshi, University of Karachi Press. Ligazóns externas Aurangzeb, as he was according to Mughal Records Article on Aurganzeb from MANAS group page, UCLA by Audrey Truschke, published on AEON The Tragedy of Aureng-zebe Text of John Dryden's drama, based loosely on Aurangzeb and the Mughal court, 1675 Coins of Aurangzeb Life of Auranzeb in Urdu (libro electrónico)

Categoría:Nados en Gujarat Categoría:Nados en 1618 Categoría:Finados en 1707 Categoría:Emperadores mogois