thumb |Tachybaptus ruficollis O mergullete común, ás veces chamado mergullón pequenoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.Dicionario Digalego mergullón e popularmente agurgullador, mergullo, merguillete, megrillete, pita da auga, augarón, fonducho e chupón, (Tachybaptus ruficollis) é unha ave acuática da familia dos podicipédidos. O nome do xénero procede do grego antigo takhus, 'rápido' e bapto, 'afundirse debaixo'. O nome específico ruficollis procede do latín rufus, 'vermello' e -collis, derivado de collum, 'pescozo'.

Cos seus 23 a 29 cm de lonxitude é o membro europeo menor da súa familia. Atópase xeralmente en corpos de auga da maior parte da súa área de distribución.

Taxonomía

O mergullete común foi descrito polo naturalista alemán Peter Simon Pallas en 1764, que lle deu o nome binomial de Colymbus ruficollis. Includes a transcript of the 1764 text. O tricolored grebe foi considerado conespecífico, e algunhas autoridades taxonómicas aínda o consideran así. Hai seis subespecies recoñecidas actualmente, distinguidas principalmente polo tamaño e coloración. T. r. ruficollis – (Pallas, 1764): a subespecie nominal, que se encontra desde Europa ao oeste de Rusia e cara ao sur ata o norte de África. T. r. iraquensis – (Ticehurst, 1923): vive no sueste de Iraq e suroeste de Irán. T. r. capensis – (Salvadori, 1884): atopado na África subsahariana, Madagascar, Sri Lanka e o subcontinente indio, espallándose cara ao leste ata Birmania. T. r. poggei – (Reichenow, 1902): habita desde o sueste ao noroeste de Asia, Hainán, Taiwán, Xapón e illas Kuriles do sur. T. r. philippensis – (Bonnaterre, 1790): atópase no norte de Filipinas. T. r. cotabato – (Rand, 1948): en Mindanao, Filipinas.

Descrición

O mergullete común é unha pequena ave acuática con bico agudo. O adulto é inconfundible en verán, predominantemente escuro na parte superior co seu pescozo, meixelas e flancos de intensa cor marrón avermellada e interior da boca amarelo brillante. A cor marrón avermellada é substituída por un gris amarronado escuro en aves que non teñen a plumaxe non reprodutora e os xuvenís.

As aves xuvenís teñen un bico amarelo cunha pequena punta negra, e raias negras e brancas nas meixelas e laterais do pescozo vistas desde abaixo. Este bico amarelo escurécese a medida que van tendo máis idade, e chega a ser negro na idade adulta.

En inverno, o seu tamaño, plumaxe beixe cun dorso e cabeza máis escuros, e a parte posterior con forma de “borla” permite unha fácil identificación destas especies. A chamada reprodutora do mergullete común, feita tanto en solitario coma en dúo, é un trilo repetido uit-uit-uit ou ui-ui-ui que soa como o rinchar dun cabalo.

Distribución

Reprodúcese en pequenas colonias en zonas con moita vexetación de lagos de auga doce ao longo de Europa, gran pare de Asia e cara ao sur ata Nova Guinea e a maioría de África. A maioría das aves desprázanse a augas costeiras ou máis abertas, pero é soamente migratoria naquelas partes da súa área de distribución onde se conxelan as augas. Fóra da estación reprodutora trasládase a augas máis abertas, ocasionalmente aparecendo incluso en costas de pequenas baías. En Galicia a ave é sedentaria e chegan individuos invernantes.

Comportamento

O mergullete común é un nadador e mergullador excelente que persegue os peixes e invertebrados acuáticos baixo a auga. Aproveita a vexetación para agocharse eficazmente.

Como todos os mergullóns pequenos aniña na beira da auga, xa que as súas patas están situadas moi atrás no corpo e non pode camiñar ben. Xeralmente poñen de 4 a 7 ovos. Cando os adultos abandonan provisionalmente o niño adoitan ter coidado de cubrir os ovos con vexetación para que sexa menos probable que os detecten os predadores. Os xoves deixan o niño e poden nadar pouco despois da eclosión, e os polos adoitan ser carrexados sobre as costas dos adultos durante a natación. Na India a especie reprodúcese durante a estación das chuvias.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

BTO BirdFacts - Mergullete común Grebes of the World de André Konter Información e ilustración sobre o mergullete común en A Field Guide to Birds of Armenia

Categoría:Podicipédidos Categoría:Animais descritos en 1764