Aldea global é o termo empregado habitualmente para describir as consecuencias da globalización da información e dos medios de comunicación, en especial desde a invención de Internet. O termo foi empregado por vez primeira por P. Wyndham Lewis no libro America and Cosmic Man, publicado en 1948. Habitualmente emprégase como metáfora para describir Internet e a World Wide Web, que globalizan a comunicación permitindo que usuarios de todo o mundo se conecten entre si, permitindo a comunicación directa entre toda a poboación como se fose unha aldea.McLuhan, Marshall. Letters of Marshall McLuhan. (Oxford University Press, 1987) p254. Esta nova realidade podería ter implicacións sociolóxicas ao formar novas estruturas dentro do contexto da cultura.

En 1968 o sociólogo canadense Marshall McLuhan publicou o ensaio Guerra e paz na Aldea Global, onde desenvolve dito concepto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Globalización Antiglobalización Cidade global

Categoría:Internet