O parque de Guillermina (en neerlandés: Wilhelminapark) é un parque de estilo inglés da cidade surholandesa de Delft, chamado así na honra da raína Guillermina dos Países Baixos (1890-1948)."Delft. Wilhelminapark. Zuid-Holland". En Waarneming.nl.
O parque estableceuse na década de 1930 no pólder Voordijkshoornse.
Concepción e deseño O Wilhelminapark estableceuse a partir dun deseño de O. de Vries, supervisor dos parques do municipio de Delft. O deseño orixinal inspirouse no estilo habitual dos parques ingleses. O parque ten unha concepción moi visual, con alternancia entre as creacións acuáticas e as extensións de céspede, estruturado a partir dunha ruta de sendeiros con pontes de pedra e cun gran estanque no centro.Plan de actuación Het is weer fijn om in het Wilhelminapark te zijn ("É agradable estar de novo en Wilherminapark"). Asociación Olofsbuurt-Westerkwartier. Delft, xuño de 2012.
No proceso da súa creación seguiuse un sistema de plantación moi planificado: no perímetro exterior puxéronse especies autóctonas, capaces de soportar ventos fortes e fríos. Un segundo cinto dotouse de árbores procedentes de América do Norte; na terceira franxa plantáronse especies chinesas e xaponesas, e a zona central ocupouse con pólder autóctono.Inventarisatie en waardestelling cultuurhistorisch groen tot 1940. 16 Groene parels in Delft als spiegels van de tijd ("Inventario e valoración da vexetación histórico-cultural ata 1940. 16 Perlas verdes en Delft como espellos da época"). KNNV. Concello de Delft. Xuño de 2009.
Historia esquerda|280px O proxecto de establecemento do parque foi tratado polo consello municipal de Delft en 1931, no marco dun plan de expansión das zonas verdes da cidade.Arquivo municipal de Delft: 09.01 OWRO. Arquivo # 29: Openbare Werken, onderdeel h: Beheer en onderhoud openbaar groen; parken, tuinen en groenstroken ("Obras públicas, sección h: Xestión e mantemento de áreas verdes públicas; parques, xardíns e áreas verdes"). Inventario # 8621: Dossier inzake aanleg van het Westplantsoen in de Voordijksepolder ("Arquivo sobre a construción de Westplantsoen no pólder Voordijkse"). 1931-1932.
Foi en 1945 cando o parque pasou a chamarse Wilhelminapark, na honra da raíña Guillermina. Ademais, por iniciativa da Asociación Orange (apelido da familia real neerlandesa), plantáronse seis tileiros que foron bautizados cos nomes dos membros da familia real. O 30 de abril de 2013 plantouse un novo tileiro con motivo da coroación do rei Guillerme Alexandre.Krogt, Peter van de. (2000). Páxina 275.
En 1994, o consello municipal decidiu renovar o Wilhelminapark co obxectivo de restaurar o seu orixinario estilo paisaxístico inglés e a estrutura característica.Klumper, J. et al. (1995).
En 2010, o consello da cidade aprobou concederlle ao parque a consideración de Groene Parel ("Perla Verde"), e en 2013 entreou a formar parte do catálogo de zonas verdes con valor histórico e cultural do municipio de Delft. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Klumper, J. et al. Renovatie Wilhelminapark. Gemeente Delft. 1995. Krogt, Peter van de. Straatnamen van Delft. Ed. Museum Het Prinsenhof. 2000. ISBN 9789080565418
Outros artigos Delft Delftse Hout
Categoría:Delft Categoría:Parques dos Países Baixos Categoría:Xardíns dos Países Baixos