«Il est là» (en galego: «El está aquí») é unha canción composta por Simone Vallauris e interpretada en francés por Dany Dauberson. Foi elixida para representar a Francia no Festival de Eurovisión de 1956 tras ser seleccionada internamente pola emisora francesa RTF.

Festival de Eurovisión 1956 Selección «Il est là» foi seleccionada para representar a Francia no Festival de Eurovisión 1956 pola emisora francesa RTF.

No festival A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada pola cantante francesa Dany Dauberson. A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.

Foi interpretada 12.ª, seguindo a Alemaña con Freddy Quinn interpretando «So geht das jede Nacht» e precedendo a Luxemburgo con Michèle Arnaud interpretando «Les amants de minuit». O resultado das votacións non foi revelado, polo que se descoñece en que posto terminou a canción.

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Francia no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1956 Categoría:Cancións de Eurovisión 1956 Categoría:Cancións de Francia en Eurovisión