«Skibet skal sejle i nat» (en galego: «O barco partirá esta noite») é unha canción composta por Erik Fiehn e interpretada en dinamarqués por Birthe Wilke e Gustav Winckler. Lanzouse como sinxelo en 1957 mediante Philips Records. Foi elixida para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión de 1957 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1957.
Festival de Eurovisión 1957 miniatura|esquerda|Birthe Wilke e Gustav Winckler interpretando a canción durante un ensaio do Festival de Eurovisión 1957. Selección «Skibet skal sejle i nat» cualificouse para representar a Dinamarca no Festival de Eurovisión 1957 tras gaña-la final nacional dinamarquesa, Dansk Melodi Grand Prix 1957.
No festival A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada polos cantantes dinamarqueses Birthe Wilke e Gustav Winckler. A orquestra foi dirixida por Kai Mortensen.
Foi interpretada en noveno lugar, seguindo a Francia con Paule Desjardins interpretando «La belle amour» e precedendo a Suíza con Lys Assia interpretando «L'enfant que j'étais». Ao final das votacións, a canción recibiu 10 puntos, obtendo o terceiro posto de 10.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dinamarca no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua dinamarquesa Categoría:Cancións de 1957 Categoría:Sinxelos de 1957 Categoría:Cancións de Eurovisión 1957 Categoría:Cancións de Dinamarca en Eurovisión