Coñécese como nove santos bispos a nove bispos galegos de diferentes sés que se retiraron ao mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil a finais das súas vidas, e que alí morreron e foron enterrados con sona de santidade. Traxectoria e tradición Os nomes dos bispos segundo diferentes fontes serían Ansur, Afonso, Froarengo, Gonzalo, Paio, Pedro, Servando, Viliúlfo, e Vimarasio. Ansur (recollido tamén como Assurio) foi bispo de Ourense. Tense mención del dende o 7 de agosto de 909, cando consagra a igrexa de San Pedro de Laroá. O 1 de agosto de 922 asinou un documento de Ordoño II confirmando ao mosteiro de Samos as doazóns dos seus devanceiros. Nalgún momento posterior se retirou ao mosteiro de Santo Estevo, onde finou o 26 de xaneiro de 925. Afonso foi bispo de Ourense e de Astorga Vimarasio (tamén Vimara) foi bispo de Tui polo menos entre 937 e 942. O seu nome asina confirmando a dotación do mosteiro de Peñalba o 9 de febreiro de 937. Enrique Flórez recolle tamén que foi un dos asinantes da dotación do mosteiro de Celanova en 942.
Veneración e culto As fontes do ámbito da Igrexa latina dan a súa festa colectiva no 26 de xaneiro. Hernández Figueiredo achou en 2017 un manuscrito na biblioteca da USC, que data de 1781, e que citando á súa vez fontes diversas da para todos estes bispos como festividade o 26 de xaneiro. Por outra parte, De la Fuente, no seu Calendario de Santos, da como data de festividade colectiva para os nove bispos tamén a do 26 de xaneiro, data do falecemento de Ansur:
Heredia (1683) tamén fai memoria deles no 26 de xaneiro:
O lugar de enterramento destes nove bispos foi o claustro dos bispos, pensado como espazo de devoción para lle render culto a estes santos. Os seus restos non foron trasladados até 1463 ao altar maior, por orde do abade Alonso Pernas.
Segundo Hernández Figueiredo, esta traslación das reliquias significaba por parte da Igrexa a aprobación da veneración do santo e das súas reliquias. Posteriormente, en 1662 o abade Plácido de Andrade Montenegro solicitoulle ao bispo de Ourense José de la Peña obter "rezo e misa" para os santos bispos, que non foran canonizados de xeito formal. Obxecto de veneración dos fieis foron en particular os aneis episcopais dos bispos, tidos por milagreiros.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Santos de Galicia Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Santos do catolicismo