O liñaceiro de queixo negro, tamén chamado liñaceiro paponegroPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Acanthis flammea, antes Carduelis flammea) é unha especie de paseriforme da familia dos pimpíns (Fringillidae). Reprodúcese algo máis ao sur que o Acanthis hornemanni, tamén vive en hábitats con matogueiras ou arbustos.
Taxonomía
O liñaceiro de queixo negro foi incluído por Linnaeus en 1758 na 10ª edición da súa obra Systema Naturae co nome binomial Fringilla flammea. O xénero actual Acanthis procede do grego antigo akanthis, un nome dun paxaro mal identificado, e flammea, en latín 'de cor das lapas'.
Anteriormente estivera situado no xénero Carduelis. Os estudos de filoxenética molecular mostraron que o Acanthis hornemannii e esta especie formaban unha liñaxe diferenciada, polo que ambas as especies foron situadas xuntas no xénero resucitado Acanthis.
Subespecies
A subespecie nominal A. f. flammea reprodúcese no norte de América do Norte e Eurasia. Existe tamén unha subespecie islandesa (A. f. islandica), e outra que se reproduce en Groenlandia e illa de Baffin (A. f. rostrata). Moitas autoridades taxonómicas consideran que o Acanthis cabaret é unha forma subespecífica do liñaceiro de queixo negro.BirdLife International - IUCN http://www.birdlife.org/datazone/species/factsheet/22725044 Xunto cos formas islandesa e groenlandesa denomínanse ás veces na literatura 'liñaceiros do noroeste'. Todas as formas migran ao sur do Canadá, norte dos Estados Unidos ou Eurasia. Estas aves son moi resistentes ao frío e os desprazamentos que fan en inverno son pulados principalmente pola dispoñibilidade de comida. Hai dúas poboacións distintas (unha máis clara e outra máis escura) reunidas en islandica, cuxa relación non está resolta.Seutin, G.; Ratcliffe, L. M. & Boag, P. T. (1995) Mitochondrial DNA homogeneity in the phenotypically diverse redpoll finch complex (Aves: Carduelinae: Carduelis flammea - hornemanni). Evolution 49(5): 962–973. (HTML abstract and first page image)
Descrición miniatura|Ovos da especie no Museo de Historia Natural de Tolosa (MNHT) É un pequeno paxaro de cor cincenta amarronada con liñas escuras e unha mancha vermella vistosa na fronte. Ten un papo negro e dúas liñas claras nas ás. Os machos a miúdo teñen o peito bañado de vermello. É máis pequeno, máis marrón e con máis manchas lineais que o xeralmente similar Acanthis hornemannii, e os adultos miden entre 11,5 e 14 cm de lonxitude e pesan entre 12 e 16 g. A rabadilla ten liñas e hai unha liña marrón escura ancha a través do ano. Ten patas marróns, bicos amarelados con punta escura e iris marróns escuros.
miniatura|Chamadas dunha bandada alimentándose en Iowa EUA
Especies similares O A. f. flammea é maior e máis claro que o Acanthis cabaret co cal a miúdo se mestura, aparentemente sen que haxa unha hibridación significativa aínda que a simpatría entre eles se estableceu demasiado recentemente como para poder tirar conclusións. O macho de A. f. flammea é máis escuro que a especie de similar tamaño Acanthis hornemannii, pero as femias son case idénticas. miniatura|Liñaceiro filmado en Holanda alimentándose
Comportamento A área de distribución do liñaceiro de queixo negro esténdese ao longo do norte de Europa e Asia ata o norte de Norteamérica, Groenlandia e Islandia. É unha migrante parcial, que se despraza ao sur a finais do outono e ao norte de novo en marzo e abril. En Galicia é unha ave accidental. O seu hábitat típico é o bosque boreal de piñeiros, piceas e lárices. Aliméntase principalmente de sementes, principalmente sementes de bidueiros e amieiros no inverno.
Constrúe os seus niños baixos nunha árbore ou arbusto. O niño ten unha capa externa de ramiñas delgadas, unha capa media de fibras de raíces, fragmentos de codia de cimbros e liques e unha capa interna de penuxe, xemas de salgueiro e pelo de reno. Poñen de tres a sete ovos con manchas, que incuba a femia. Fan eclosión pasados once días e os polos empluman noutros trece días máis.
Notas
Véxase tamén
ligazóns externas Gravacións de son de Xeno-canto Oiseaux.net - Fotos Informe sobre a especie liñaceiro de queixo negro – Cornell Lab of Ornithology
Plumas de liñaceiro de queixo negro (Carduelis flammea)
Categoría:Frinxílidos Categoría:Animais descritos en 1758