«Der k. u. k. Kalypso» (en galego: «O calipso imperial e real») é unha canción composta por Norbert Pawlicki e interpretada en alemán por Ferry Graf. Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Amadeo. Foi elixida para representar a Austria no Festival de Eurovisión de 1959 tras ser seleccionada internamente pola emisora austríaca ORF.

Festival de Eurovisión 1959 Selección «Der k. u. k. Kalypso» foi seleccionada para representar a Austria no Festival de Eurovisión 1959 pola emisora austríaca ORF.

No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959 co título «Der k. und k. Kalypso aus Wien», sendo interpretada polo cantante austríaco Ferry Graf. A orquestra foi dirixida por Franck Pourcel.

Foi interpretada en noveno lugar, seguindo a Suíza con Christa Williams interpretando «Irgendwoher» e precedendo ao Reino Unido con Pearl Carr e Teddy Johnson interpretando «Sing Little Birdie». Ao final das votacións, a canción recibiu 4 puntos, obtendo o noveno posto de 11 xunto a Suecia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Austria no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua alemá Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Austria en Eurovisión