A Rede Mundial de Xeoparques da UNESCO (en inglés UNESCO Global Geoparks), é unha rede coordinada pola UNESCO que ten por obxecto promover e conservar a herdanza xeolóxica do planeta, así como promover unha investigación e desenvolvemento sustentable. Esta rede foi fundada no 1998 como unha entidade asociada á UNESCO co nome en inglés Global Geoparks Network e foi xestionada pola división das Ciencias Ecolóxicas e Terrestres da UNESCO. En 2015 foi redeseñada ao se crear o "Programa Internacional de Xeociencias e Xeoparques"En inglés, International Geoscience and Geoparks Programme - IGGP e integrándoa dentro da UNESCO.
A rede right|miniatura|350px|A distribución global dos xeoparques en 2014. A rede internacional procura a adhesión de membros que lideren a creación de xeoparques, áreas xeográficas onde a herdanza xeolóxica se lle preste atención, se forme sobre ela e se protexa.
A UNESCO estableceu unha serie de criterios para a declaración dun xeoparque, despois de ser proposto polo goberno que lle competa, para ser incluído na rede mundial de xeoparques:
A existencia dun plan de xestión deseñado para promover o desenvolvemento socio-económico local, e case seguro, baseado no agroturismo e o xeoturimo; A demostración de métodos para a conservación e promoción da cultura xeolóxica, cun esforzo de apoio á formación xeocientífica e ambientais relacionadas coa anterior; A proposta conxunta de autoridades públicas, comunidades locais e entes privados, e con interese de colaborar en conxunto para promover a conservación, a difusión e as estratexias de desenvolvemento local.
Cada ano ou cada dous anos avalíanse se estes criterios de cumpren por parte dun comité dos xeoparques, que se reúne na Conferencia Internacional de Xeoparques, e se engaden novos espazos e se fai un seguimento dos xa aprobados. A primeira xuntanza do comité celebrouse no 2004 e continúan a se reunir desde entón.
A rede traballa en conxunto con outros programas da UNESCO, como a responsable das Programa sobre o Home e a Biosfera, que segue as Redes da Biosfera. Con iso promove o desenvolvemento local sostible grazas a interacción das comunidades locais cos espazos naturais nos que habitan.
En 2019 foran aprobados polo comité de seguimento un total 147 xeoparques en 41 estados.
Notas
Véxase tamén Rede Europea de Xeoparques
Categoría:Xeoparques