As canles de Ámsterdam, capital dos Países Baixos, representan máis de cen quilómetros de grachten (canles), arredor de 90 illas e 1,500 pontes. As tres canles principais (Herengracht, Prinsengracht e Keizersgracht), escavadas no século XVII durante a Idade de Ouro Neerlandesa, forman cintos concéntricos arredor da cidade, coñecidos como Grachtengordel. Ó longo das canles hai 1 550 pontes monumentais. A área de canles do século XVII, que inclúe Prinsengracht, Keizersgracht, Herengracht e Jordaan, están considerados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o ano 2010, contribuíndo á fama de Ámsterdam como a "Venecia do Norte".

Notas

Véxase tamén

Categoría:Ámsterdam Categoría:Patrimonio da Humanidade nos Países Baixos