Lebogang Mashile, nada nos Estados Unidos de América o 7 de febreiro de 1979, é unha actriz, escritora e presentadora surafricana.

Traxectoria Filla de pai e nai exiliados, que regresaron a Suráfrica a mediados da década de 1990 tras a fin do apartheid. Comezou a estudar Dereito e Relacións Institucionais na Universidade de Witwatersrand, pero deixouna para dedicarse á arte. Canda a Myesha Jenkins, Ntsiki Mazwai e Napo Masheane fundoiu o grupo poético Feela Sistah.

En 2004 apareceu no filme Hotel Rwanda, e actuou en numerosas producións teatrais, como Threads, onde combina danza, música e poesía. Gravou un disco de actuacións en directo que xunta poesía e música, chamado Lebo Mashile Live. Coproduciu e presentou o programa documental L’Attitude en SABC 1 e presentou o programa concurso Drawing the Line en SABC 2.

En 2005 publicou o seu primeiro poemario, In a Ribbon of Rhythm,"In A Ribbon Of Rhythm" en Goodreads. polo cal recibiu o Premio Noma en 2006. En 2016 editou un EP co músico e produtor Majola." Majola and Lebo Mashile release E.P" , Artlink.

Obra In a Ribbon of Rhythm (2005, poesía) Flying Above the Sky (2008, poesía)"Flying Above the Sky" en Goodreads.

Notas

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Rhode Island Categoría:Escritores de Suráfrica Categoría:Xornalistas de Suráfrica Categoría:Alumnos da Universidade de Witwatersrand Categoría:Actores de Suráfrica