miniatura|333x333px|Oude Kerk, Ámsterdam. Vista dende o Oudezijds Voorburgwal. A Oude Kerk ("Igrexa vella") é o edificio máis antigo de Ámsterdam e a súa igrexa parroquial máis antiga, consagrada en 1306 polo bispo de Utrecht con san Nicolao como o seu santo patrón. Logo da Reforma en 1578, transformouse nunha igrexa calvinista, o que continúa sendo até os nosos días. Atópase en De Wallen, na actualidade a principal zona vermella de Ámsterdam. A praza que rodea a igrexa é a Oudekerksplein.

Historia No sitio onde se atopa emprazada a Oude Kerk antigamente atopábase unha igrexa de madeira. Foi substituída por unha capela de pedra e consagrada en 1306.

A igrexa sufriu unha serie de renovacións realizadas ó longo de 15 xeracións de cidadáns de Ámsterdam. Cincuenta anos despois da súa construción realízase a primeira reforma, as capelas laterais alónganse e estrutúranse arredor do coro nun semicírculo para soster a estrutura. A comezos do século XV agregáronse os transeptos norte e sur para xerar unha forma de cruz. Os traballos nestes cambios termináronse en 1460, aínda que é probable que as tarefas fosen interrompidas polos incendios que arrasaron a cidade en 1421 e 1452.

Antes do Alteratie, ou Reforma ocorrida en Ámsterdam en 1578, a Oude Kerk era unha igrexa católica. Logo da derrota dos españois a mans de Guillerme "O Taciturno" durante a Guerra dos Oitenta Anos, a igrexa foi tomada pola Igrexa reformada neerlandesa calvinista. Durante as diversas batallas que tiveron lugar durante o século XVI, en varias ocasións a igrexa foi obxecto de pillaxe e danos, primeiro durante o Beeldenstorm de 1566, cando unha turba destruíu a maioría das obras de arte e decoracións da igrexa, incluído unha peza no altar cun panel central obra de Jan van Scorel e paneis laterais a ambos os dous lados obras de Maarten van Heemskerck. O único que sobreviviu foron as pinturas do teito xa que eran inaccesibles.notes to biography by Karel van Mander

Os habitantes locais reuníanse na igrexa para chismosear, os mercachifles vendían as súas mercadorías e os esmoleiros buscaban refuxio. Este comportamento non foi tolerado polos calvinistas, e os esmoleiros foron expulsados. En 1681 clausurouse o coro cunha malla de bronce. Por sobre a malla lese o seguinte texto, “As prácticas falsas introducidas gradualmente na igrexa de Deus, foron aquí desfeitas no ano setenta e oito,” en referencia á Reforma de 1578.

Ese mesmo ano, a Oude Kerk converteuse na sede do rexistro de casamentos. Tamén albergou os arquivos da cidade, os documentos máis importantes gardábanse nun arcón enchapado en placas de ferro e pintado co escudo de armas da cidade. O arcón almacenábase nunha capela de ferro.

Rembrandt foi un asiduo visitante da Oude Kerk e todos os seus fillos foron bautizados alí. É o único edificio de Ámsterdam que gardou as súas formas orixinais dende que Rembrandt o percorreu. No Santo Sepulcro existe unha pequena exhibición de Rembrandt, un altar dedicado á súa esposa “Saskia” van Uylenburgh que repousa alí dende 1782.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Rijksmonument Categoría:Ámsterdam