Miguel Antonio Amado de Jesús Revestido Rodilla, nado en Ferrol o 8 de maio de 1892 e finado en Buenos Aires o 8 de xuño de 1938,Necrolóxica en El Correo Gallego, 28-7-1938, p. 3. foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Emigrou a Buenos Aires. Foi secretario de actas da asociación cultural A Terra constituída en 1917,El Diario de Pontevedra, 26-7-1917, p. 2 que ao ano seguinte se converteu en asociación galeguista.El Progreso, 28-3-1918, p. 1. Colaborou en El Correo Gallego, Vida Gallega e El Compostelano, e foi xefe de redacción de Correo de Galicia, redactor de Terra e director de Galicia.El Heraldo Gallego, 27-5-1928, p. 1.

Obras Poesía De mi alma, 1915. Flores de Otoño, 1923. Doce poemas (antología), 1955.Ficha na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Teatro Fusión de almas (comedia nun acto). La prueba (comedia en tres actos).

Vida persoal

Casou con Ofelia Fachal Pedreira e foi pai de Miguel Revestido Fachal.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Tesouro tras dos caneirados Xenealoxía Revestido

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ferrol Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público