O especismo é unha forma da discriminación. Implica tratar a membros dunha especie peor que a outros doutra especie mesmo cando os seus intereses son equivalentes.
Historia A orixe do termo remóntase aos anos 70, momento no cal a consideración moral dos animais medra de maneira notábel, aumentando tamén a conciencia social no tema. É empregado a miúdo no campo da defensa dos animais, para afirmar que o especismo é un tipo de prexuízo de funcionamento semellante ao racismo ou o sexismo, pois sostén que o xeito no que se debe tratar a un individuo depende do grupo ao que pertence, non das súas características propias (en concreto, de que poida sentir), ou ben doutras características non relevantes. O especismo, xunto co antropocentrismo é o argumento base empregado para desculpar o uso de animais en prácticas crueis, no seu consumo como comida, roupa, para o lecer (como nas touradas) e para outros fins. Tamén implicaría a negativa para auxiliar a aqueles que están en situación de necesidade, en concreto no caso do sufrimento dos animais no mundo salvaxe.
Os argumentos que empregan as persoas que defenden o especismo poden ser os seguintes:
A falta de certas características en certas especies fan que, a pesar de ser sentintes, non aw deba ter consideración moral (ou menor) cara a elas. Estas características poden ser capacidades concretas, como a lingüística, ou relacións especiais, por exemplo, de poder. A superioridade de certa especie por ontoloxía ou por razóns extrínsecas como ser elixida por unha divindade. Argumentos definicionais, sen argumentación. Defenden e asumen a posición como verdadeira sen sosterse en ningún argumento adicional.
Habitualmente dáse a confusión entre os conceptos "especismo" e "antropocentrismo", sendo realmente o segundo parte do primeiro. Esta confusión débese a que a maioría de casos de especismo que observamos de maneira cotiá son tamén casos de antropocentrismo, alén de que o termo foi empregado dende un inicio polos pensadores animalistas na súa maioría.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ética Animal (2014) "Especismo", Ética y Animales. Especismo.org
Categoría:Discriminación Categoría:Dereitos dos animais