Miguel I Rangabé foi un nobre casado con Procopia, a filla de Nicéforo I, que foi nomeado emperador bizantino nunha revolta palaciana contra o seu cuñado Estauracio en 811.
Traxectoria Elixido co apoio do partido ortodoxo da Igrexa, Miguel perseguiu con dureza aos iconoclastas nas fronteiras setentrional e oriental do Imperio, pero ao mesmo tempo permitiu que os búlgaros saqueasen gran parte de Macedonia e Tracia. Cando decidiu enfrontarse a eles no campo de batalla na primavera de 813, foi derrotado preto de Versinikia e León V o Armenio sería elevado ao trono no verán. Miguel foi enviado como monxe á illa de Prote, onde viviu máis de trinta anos, ata a súa morte en 844.
Categoría:Emperadores Bizantinos Categoría:Finados en 844