Cipriano Antonio Casteleiro Feal, nado en Barallobre (Fene) o 12 de abril de 1913 e finado no mesmo lugar o 1 de outubro de 1986, foi un militar e político galego.

Traxectoria Entrou na Armada con 16 anos. Cabo de Artillaría afiliado á CNT. Estaba enrolado no cruceiro Blas de Lezo cando se afundiu en 1932. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no buque prisión Plus Ultra, fondeado na ría de Ferrol. Conseguiu fuxir, chegando a nado a Barallobre, onde permaneceu agochado. Despois dun primeiro intento frustrado de marchar, o 21 de xullo do 1939 conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia, onde ingresou nun campo de refuxiados. Xulgado en Ferrol, foi declarado en rebeldía e fuxido. Traballou de leñador. En 1943, tras recalar no Brasil, instalouse no Uruguai. Cando morreu Franco visitou os familiares en Barallobre grazas a unha colecta familiar coa que sufragou a viaxe. En 1980 retornou definitivamente a Barallobre onde morreu o 1 de outubro de 1986, e onde foi soterrado.La Voz de Galicia, Ferrol, 3-10-1986, p. 41.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cipriano Casteleiro Feal, de Barallobre, un dos herois silenciados

Categoría:Militares de Galicia

Categoría:Exilio galego

Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes