Joaquín Sobreira Lage, nado nas Neves o 31 de xaneiro de 1892 e finado en Cangas de Morrazo o 20 de xaneiro de 1960, foi un militar, empresario e político galego.
Traxectoria Fillo de sarxento de carabineiros, estivo catro anos destinado como cabo de infantaría en Larache. Durante a súa estancia enfermou de paludismo. Regresou a Cangas de Morrazo e incorporouse como contable na fábrica de conservas de Daniel Eiroa.
En 1924, dada a escaseza de sardiña, en Isla Cristina organizou unha conserveira da mesma empresa co obxectivo de exportar a México, Arxentina e Cuba. Foi o testamenteiro de Daniel Eiroa, e tras o falecemento deste en 1939 creou a empresa de salgadura Sobreira e Rial. Importou de Alemaña o uso da lata litografada.
Foi nomeado xuíz municipal suplente de Cangas en agosto de 1939.El Correo Gallego, 3-8-1939, p. 4. Foi nomeado xestor do concello de Cangas en febreiro de 1940El Pueblo Gallego, 7-2-1940, p. 2. e alcalde entre 1943 e 1949.El Pueblo Gallego, 3-4-1946, p. 4.
Vida persoal Casou con Josefina Berriz en 1928.El Pueblo Gallego, 18-3-1928, p. 8.
Notas
Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1892
Categoría:Finados en 1960
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes