José Antonio Moisés González Ameijeiras, nado en 1935 e finado en Porto de Gómez (Cuntis) o 23 de xullo de 1998, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre de EXB en Cuntis, concelleiro local do Movimiento e xuíz de paz. Foi nomeado alcalde de Cuntis polo Ministro da Gobernación a finais de xaneiro de 1974.El Pueblo Gallego, 30-1-1974, p. 10. Nas primeiras eleccións democráticas foi cabeza de lista da UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Permaneceu como alcalde ata as eleccións municipais de 1983, ás cales non concorreu como candidato á reelección. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular mais non logrou recupera-la alcaldía dado que o PSdeG logrou a maioría absoluta. Posteriormente foi director do Grupo Escolar de Cuntis.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cuntis
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Cuntis Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1998