José Meis Martínez, nado en Sanxenxo o 2 de setembro de 1890 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi mestre de Cobres (1917-1928).El Diario de Pontevedra, 20-11-1917, p. 2. Na República foi mestre en Lourizán e permutou a súa praza co mestre de Seixo en 1935.El Pueblo Gallego, 6-4-1935, p. 2. Afiliado á UGT e membro da directiva da Casa del Maestro de Pontevedra,El Pueblo Gallego, 17-1-1935, p. 11. foi un dos creadores das Xuventudes Socialistas na parroquia de Seixo. Foi secretario de propaganda da Asocición de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo. (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)" Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con José Gallego Nogueira, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, Antonio Fernández Fernández, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con José Gallego, José Mejuto e Antonio Fernández o 27 de xullo de 1937. En decembro de 1939 abríronlle expediente por responsabilidades políticas.El Pueblo Gallego, 1-12-1939, p. 5.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Educación en tempos de represión
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos