«Ce soir-là» (en galego: «Aquela noite») é unha canción composta por Hubert Giraud e interpretada en francés por François Deguelt. Lanzouse como sinxelo en 1960 mediante Columbia Records. Foi elixida para representar a Mónaco no Festival de Eurovisión de 1960 tras ser seleccionada internamente pola emisora monegasca Télé Monte-Carlo.
Festival de Eurovisión 1960 miniatura|esquerda|François Deguelt, intérprete da canción, en 1962. Selección «Ce soir-là» foi seleccionada para representar a Mónaco no Festival de Eurovisión 1960 pola emisora monegasca Télé Monte-Carlo.
No festival A canción participou no festival celebrado no Royal Festival Hall o 29 de marzo de 1960, sendo interpretada polo cantante francés François Deguelt. A orquestra foi dirixida por Raymond Lefèvre.
Foi interpretada en oitavo lugar, seguindo a Austria con Harry Winter interpretando «Du hast mich so fasziniert» e precedendo a Suíza con Anita Traversi interpretando «Cielo e terra». Ao final das votacións, a canción recibiu 15 puntos, obtendo o terceiro posto de 13.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Mónaco no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua francesa Categoría:Cancións de 1960 Categoría:Sinxelos de 1960 Categoría:Cancións de Eurovisión 1960 Categoría:Cancións de Mónaco en Eurovisión