Puerto Salgar é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia de Bajo Magdalena, a 195 km de Bogotá e a 253 km de Medellín.
Neste concello atópase o Comando Aéreo de Combate Nº 1 (Base Aérea Germán Olano).
Historia Dende comezos do século XX formouse un casarío chamado Palanquero, por mor da construción do Ferrocarril de Cundinamarca. Posteriormente, o casarío foi chamado Puerto Liévano, ata que en 1935 se trasladou ó lugar que ocupa o concello no presente, co nome de Puerto Salgar.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca