Tibacuy é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na provincia do Sumapaz, 87 km de Bogotá. O concello foi fundado o 13 de febreiro de 1592 polo oidor Bernardino de Albornoz.

Toponimia O topónimo «Tibacuy», en muysc cubun (lingua muisca) significa «xefe oficial».

Historia A vila actual atópase situada máis abaixo da vila aborixe, que era unha zona de fronteira entre os muiscas e os panches.

A nova vila foi fundada polo oidor Bernardino de Albornoz entre o 13 e o 17 de febreiro de 1592, segundo consta e figura a declaración xuramentada do capitán Francisco Chigacagüentiba na súa dilixencia de visita a Fusagasugá (Reais Cédulas).

Véxase tamén

Outros artigos Cerro de Quininí Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca